Victorino de la Plaza
Victorino de la Plaza, nado en Payogasta, Salta, o 2 de novembro de 1840 e finado en Buenos Aires o 2 de outubro de 1919, foi un avogado, militar e político arxentino, que ocupou o cargo de Presidente da Arxentina entre 1914 e 1916, despois da morte de Roque Sáenz Peña ata completar o seu mandato.
Estudou Dereito en Buenos Aires e en 1868 logrou o doutoramento. Foi secretario de Dalmacio Vélez Sársfield e colaborou coa redacción do Código Civil arxentino. Foi ministro de Facenda de Nicolás Avellaneda (1876), e ministro de Relacións Exteriores (1882) e de Facenda (1883-1885) na primeira administración de Julio Argentino Roca. Foi elixido vicepresidente na fórmula da Unión Nacional presidida por Roque Sáenz Peña en 1910. Asumiu a presidencia trala morte de Sáenz Pena e gobernou o país entre 1914 e 1916. Correspondeulle velar pola limpeza das primeiras eleccións presidenciais baixo a lei Sáenz Peña de sufráxio universal. Retirado da política, morreu de pneumonía. Contraeu matrimónio en dúas oportunidades. A primeira vez con Dona Ecilda Belvis Castellanos, con quen non tivo fillos. A segunda vez foi coa escocesa Emily Henry, tiveron un fillo, Victoriano de la Plaza Henry.
Presidentes da Arxentina | ||
---|---|---|
Segue a: Roque Sáenz Peña |
Victorino de la Plaza | Precede a: Hipólito Yrigoyen |
Partido Autonomista Nacional |