Vida Agraria (Tui)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Vida Agraria.
Vida Agraria | |
---|---|
Fundación | marzo de 1922 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Tui |
[ editar datos en Wikidata ] |
Vida Agraria foi un periódico editado en Tui entre 1922 e 1923.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Boletín Oficial de la Federación Agraria Judicial del Partido de Tuy, apareceu en marzo de 1922.[1] O seu director foi Jenaro Carrera, substituído despois por Enrique Jaso Paz. De periodicidade mensual, deixou de publicarse a finais de 1922 para reaparecer en xaneiro de 1923 unha vez liberados os dirixentes das sociedades agrarias detidos a consecuencia dos sucesos de Guillarei. A súa liña, próxima ao obreirismo local, é contraria ao sistema foral, con críticas a Mariano Ordóñez García e a La Integridad. O último número coñecido (o 20) corresponde a novembro de 1923.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Segundo unha carta ao director aparecida en La Integridad o 8-6-1922, p. 2-3, que cita os números 2 e 3 de Vida Agraria que corresponden respectivamente ao 29 de abril e 27 de maio.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cabo Villaverde, Miguel (2003). Prensa agraria en Galicia. Ourense: Duen de Bux. pp. 237–239. ISBN 84-932078-3-7.