Saltar ao contido

Videoxogo de acción

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un videoxogo de acción é un xénero de videoxogos que enfatiza os retos físicos, incluíndo a coordinación e o tempo de reacción. O xénero inclúe unha gran variedade de subxéneros, como os videoxogos de loita, videoxogos de disparos, videoxogos de ritmo e videoxogos de plataformas. Os videoxogos de campo de batalla multixogador en liña e algúns de estratexia en tempo real tamén se consideran videoxogos de acción.

O xénero de acción inclúe calquera videoxogo onde o xogador supera os retos por medio das súas habilidades de precisión e tempo de resposta.[1] Ás veces os videoxogos de acción poden incorporar outros retos como carreiras, crebacabezas ou recoller obxectos, pero non son imprescindibles no xénero. Os xogadores poden atopar retos tácticos e de exploración, pero normalmente requiren precisión, unha alta velocidade de reacción e unha boa coordinación coas mans. O xogador adoita estar baixo presión e non hai tempo suficiente para unha planificación estratéxica complexa. Polo xeral, os xogos de acción máis rápidos son máis difíciles. Ás veces os xogos de acción poden implicar a resolución de crebacabezas, pero normalmente son bastante sinxelos xa que o xogador está baixo presión constante.[2]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre videoxogos é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  1. "The Next Generation 1996 Lexicon A to Z". Next Generation (15): 28–42. 1996. 
  2. Adam, Ernest; Rollings, Andrew (2006). Fundamentals of Game Design. Pearson College Div. ISBN 978-0131687479. Arquivado dende o orixinal o 2017.