Viktor Amazaspovich Ambartsumian
Viktor Amazaspovich Ambartsumian, Վիկտոր Համբարձումյան en armenio, ou Виктор Амазаспович Амбарцумян en ruso, nado en Tiflis o 18 de setembro de 1908 e finado en Byurakan o 12 de agosto de 1996, foi un astrónomo armenio.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Xeorxia, despois da súa graduación en Leningrado estudou con Aristarkh Apollonovich Belopolsky no Observatorio de Pulkovo entre 1928 e 1931.
Presidente da Academia Armenia de Ciencias (1947-1993), fundador e director do Observatorio Biurakan, en Armenia (1946-1987). Foi un dos pioneiros da astrofísica teórica. Traballou na cosmogonía de estrelas e galaxias, dinámicas estelares e nebulas gasosas. En 1947 descubriu a asociación estelar. Presidente da Unión Astronómica Internacional(1961-1964) e do Consello Internacional de Unión Científicas (1970-1974).
O asteroide 1905 Ambartsumian leva o seu nome.