Saltar ao contido

Viktor Björkman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaViktor Björkman
Biografía
Nacemento22 de maio de 1868 Editar o valor en Wikidata
Gävle, Suecia Editar o valor en Wikidata
Morte24 de outubro de 1931 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Lübeck, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista, volapükologist (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
FillosWalther Björkman Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteVem är det 1925 (en) Traducir, (sec:Björkman, Carl Viktor Emanuel, p.82)
Who was it? (en) Traducir, (sec:Björkman, Carl Viktor Emanuel, p.28) Editar o valor en Wikidata


Carl Viktor Emmanuel Björkman, nado en Gävle o 22 de maio de 1868 e finado en Lübeck o 24 de outubro de 1931, foi un autor, hispanista e profesor de universidade sueco. Era o pai do orientalista Walther Björkman.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Björkman graduouse dos seus estudos de secundaria en Gävle en 1887. Tras estudar xurisprudencia e filoloxía en Uppsala entre 1989 e 1891, traballou en varios institutos de comercio en Hamburgo e Lübeck, antes de fundar o seu propio instituto de comercio, o Praktischen Handelsinstituts de Lübeck, en 1898, do que foi director. En 1914 fundou, e posteriormente pasou a dirixir, o Instituto Sueco-Alemán de Lübeck. En 1918 converteuse en lector e en 1925 en profesor de sueco e noruegués na universidade de Rostock, onde a súa biblioteca foi incorporada aos fondos da biblioteca universitaria.[1]

Björkman publicou varias obras de historia da literatura, sendo a súa especialidade a literatura hispanoamericana. Tamén traballou pola lingua sueca no estranxeiro, entre outras cousas a través da fundación de asociacións suecas e de círculos de estudo en varias cidades alemás.

A súa dona, Marie Schlikau, traducíu ao alemán o poema de Eduardo Pondal "Pol-a Patria". Björkman foi o encargado de comunicarlle a Pondal a tradución a través dunha carta.[2]

  1. "Viktor Björkman". Universität Rostock. Consultado o 18 de xullo de 2024. 
  2. "Marie Schlikau traduce a Eduardo Pondal". Real Academia Galega. 2014-09-30. Consultado o 2024-07-18.