Viktor Gorbatko
Aparencia
Viktor Vasilievich Gorbatko, nado en Ventsy-Zarya o 3 de decembro de 1934, é un cosmonauta soviético retirado que formou parte das misións Soiuz 7, Soiuz 24, Soiuz 37 e Soiuz 36.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Gorbatko chegou a Maior Xeneral da Forza Aérea da Unión Soviética. Adestrou para ser cosmonauta entre marzo de 1960 e abril de 1961. Participou nas misións Soiuz 7, Soiuz 24, Soiuz 37 e Soiuz 36, pasando un total de 30,53 días no espazo.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Mark Wade (2020). "Gorbatko, Viktor Vasiliyevich" (en inglés). Consultado o 2 de maio de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Viktor Gorbatko |