Vilar de Santos, Vilar de Santos
Vilar de Santos | |
---|---|
portada da igrexa parroquial | |
Concello | Vilar de Santos[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°05′15″N 7°47′41″O / 42.087475, -7.7948111111111 |
Poboación | 416 hab. (2023) |
Entidades de poboación | 2[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Xoán de Vilar de Santos é unha parroquia do concello ourensán de Vilar de Santos. Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 416 habitantes (203 homes e 213 mulleres).
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial é de estilo románico de transición ó gótico ou protogótico. Substitúe a cabeceira gótica con algunha figura da nobreza representados coma mecenas na portada. Por outra banda, na parte exterior do templo hai un exemplo de iconografía románica erótica nun dos canzorros, cunha parella masturbándose, (home e muller) así como outras simboloxías a ter en conta e descifrar, como a portada norte do templo cun tímpano onde se representa unha árbore caída. Preto da igrexa hai un museo etnográfico sobre a comarca da Limia.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Igrexa de San Xoán de Vilar de Santos.
-
Portada lateral da igrexa.
-
Imaxe dun canzorro erótico de Vilar de Santos.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Vilar de Santos
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Vilar de Santos no concello de Vilar de Santos (Ourense) | |
---|---|
Parroquias de Vilar de Santos
[editar | editar a fonte]Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Vilar de Santos | |
---|---|
Parada de Outeiro (Santa María) | Vilar de Santos (San Xoán) |