Saltar ao contido

Vilaza, Monterrei

Vilaza
Torre de Vilaza.
ConcelloMonterrei[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas41°55′47″N 7°29′26″O / 41.929722222222, -7.4905555555556
Poboación514 hab. (2017)
Entidades de poboación2[1]
editar datos en Wikidata ]

San Salvador de Vilaza é unha parroquia do concello ourensán de Monterrei na comarca de Verín. No ano 2007 tiña 601 habitantes (289 homes e 312 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 41 habitantes en relación ao ano 2000.

Apareceron restos romanos na capela de San Brais,[2] así como sinais de ser terras pertencentes á Orde dos Templarios, de onde dataría a capela de estilo románico e maila súa torre estilo normanda. Na Idade Media existiu tamén o mosteiro de Santa Cruz de Vilaza. En 1642 tivo lugar a batalla de Vilaza, no marco da Guerra de Restauración Portuguesa.

A igrexa de San Salvador[3] conta cunha torre e un reloxo de sol.[4]

Existía un manancial de augas mineromedicinais bicarbonatadas sódico-litínicas, o balneario de Requeixo,[5] explotado por Jacinto Becerra Romero. En 1900 foron declaradas de utilidade pública, e en 1907 obtiveron a medalla de ouro da Exposición de Madrid. Comercializouse como Agua de Villaza por Hijos de Jacinto Becerra e despois por Viuda e Hijos de Juan Fuentes Pérez, banqueiros de Ourense.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Vilaza

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Vilaza no concello de Monterrei (Ourense)

A Salgueira | Vilaza

Parroquias de Monterrei

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Monterrei

Albarellos (Santiago) | Estevesiños (San Mamede) | Flariz (San Pedro) | Infesta (San Vicenzo) | A Madanela (Santa María) | Medeiros (Santa María) | Monterrei (Santa María) | Rebordondo (San Martiño) | San Cristovo (San Cristovo) | Vences (Santa Baia) | Vilaza (San Salvador)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]