Vilfredo Pareto
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de xullo de 1848 ![]() París, Francia ![]() |
Morte | 19 de agosto de 1923 ![]() Céligny, Suíza (pt) ![]() ![]() |
Lugar de sepultura | Cemiterio novo de Céligny ![]() |
Educación | Universidade politécnica de Turín ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Economía e socioloxía ![]() |
Ocupación | economista, profesor universitario, enxeñeiro, sociólogo, filósofo, matemático ![]() |
Empregador | Universidade de Lausana Universidade de Roma La Sapienza Universidade de Xénova ![]() |
Membro de | |
Movemento | Escola de Lausana ![]() |
Influencias | |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Cónxuxe | Alessandrina Bakunina (1889–1902) Jeanne Regis ![]() |
Pais | Raffaele Pareto ![]() ![]() |
Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() |

Vilfredo Pareto, nado o 15 de xullo de 1848 e finado o 19 de agosto de 1923, realizou importantes contribucións ao estudo da economía (e da socioloxía), especialmente no campo da distribución da riqueza e a análise das eleccións individuais. Foi o creador do concepto de eficiencia de Pareto, e contribuíu ao desenvolvemento da microeconomía, con ideas como a da curva de indiferenza.
Economía
[editar | editar a fonte]É famoso pola súa observación de que, en Alemaña o 20% da poboación posuía o 80% da propiedade, que posteriormente Joseph Xuran e outros populizarían como o principio de Pareto e xeneralizarían baixo o concepto de distribución de Pareto.
O índice de Pareto é a medida da desigualdade da distribución do ingreso.
Foi un autor moi prolífico. Escribiu obras de economía e panfletos antigubernamentales desde 1870 ata a chegada de Mussolini para criticar o intervencionismo e a falta de democracia. Na súa primeira etapa intelectual, que logo tomaría outro xiro, foi continuador dos neoclásicos e demócrata radical.
En socioloxía foi un grande innovador. Desprezou algúns postulados económicos (pensamento 100% racional) desde a socioloxía, tomando en consideración os elementos residuais instintivos, non lóxicos nin racionais.
Política
[editar | editar a fonte]Para Pareto hai dúas clases de homes: raposos e leóns. Os raposos son calculadores, pensadores e materialistas, mentres que os leóns son conservadores, idealistas, resolven pola forza e burocráticos. Introduce o concepto de elite. Para Pareto a elite son os mellores da sociedade. A elite non é hereditaria, e polo tanto haberá unha circulación de elites.
Tamén usa o concepto noutro sentido, no sentido de quen goberna. O ideal sería que coincidise a elite funcional (os mellores) coa elite do poder. Pero isto non é completamente así, pois hai quen goberna sen ser elite (por influencias, familia...) Cando hai demasiados que gobernan sen ser da elite funcional, chega a decadencia e o colapso: "A historia é un cemiterio de aristocracias".
A elite do poder péchase fronte a nova elite que xorde da masa pero acaba sendo substituída. É un ciclo. Pode suceder a través dunha revolución ou por substitución gradual. Unha boa elite é onde hai un bo equilibrio entre raposos e leóns. Cando hai moitos raposos na elite os leóns rebélanse, e viceversa. Cando unha elite é decadente débese exterminar; a elite debe ser de calidade e circulante.
Pareto influíu moito sobre o fascismo italiano. Os fascistas intentaron apropiarse de Pareto, e Pareto en certo xeito correspondeulles (Mussolini nomeouno senador vitalicio), malia estar en desacuerdo con algunhas das súas políticas.
Obras
[editar | editar a fonte]- Tratado de Socioloxía Xeral (1916)
- "Considerazioni sui principi fondamentali dell'economia politica pura", 1893, Giornale degli Economisti.
- "Introdución" aos Extractos do Capital de Karl Marx, 1893.
- "Leçon d'économie pure à l'Université de Lausanne", 1893(?)
- "Curso de Economía Politica", 2 volumes, 1896-7.
- "New Theories of Economics", 1897, JPE.
- "Os Sistemas Socialistas", 1901.
- "L'economie et a sociologie au point de vue scientifique", 1907, Rivista dei Scienza.