Villard de Honnecourt
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1200 (Gregoriano) Honnecourt-sur-Escaut, Francia |
Morte | 1250 (Gregoriano) (49/50 anos) |
Actividade | |
Campo de traballo | Enxeñaría civil e Arquitectura medieval |
Ocupación | arquitecto, enxeñeiro, inventor, Mestre de obras |
Período de actividade | 1211 (Gregoriano) - 1250 |
Villard de Honnecourt foi un mestre de obras do século XIII, célebre polo seu Carné, que contén numerosos bosquexos de arquitectura, o cal actualmente se conserva na Bibliothèque nationale de France.
A vida do pedreiro
[editar | editar a fonte]Villard era orixinario da aldea de Honnecourt-sur-Escaut, situada preto de Cambrai, Francia. Como outros canteiros do seu tempo aprendeu o oficio indo de vila en vila, e dunha obra para outra. Co tempo chegaría a ser "magister latomus", é dicir, mestre de obras, profesión que incluía o oficio de arquitecto. Os artesáns da época viaxaban dabondo, e mercé ao seu Carné, coñecemos algunhas das etapas do seu periplo: Laon, Chartres, Lausana e incluso Hungría.
O Carnet
[editar | editar a fonte]Cunhas dimensións de 14×22 centímetros, o Carné de Villard de Honnecourt compúñase en principio dun centenar de páxinas, das que subsisten algo máis de sesenta. Contén numerosos bosquexos, de gran precisión, acompañados de anotacións.
Áchanse:
- Debuxos naturalistas.
- Representacións de personaxes: alegorías, escenas relixiosas e civís.
- Bosquexos de arquitectura e estudos xeométricos.
- Máquinas: máquinas bélicas ou de construción, e esbozos de máquinas de movemento perpetuo.