Villarino (bar)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Vilariño.
Villarino Vilariño, Villariño, Vilarinho | |
---|---|
Tipo | negocio |
Propósito | Hostalaría, lugar de encontro de artistas brasileiros |
Sede | Río de Xaneiro |
Enderezo | Esquina das avenidas Calógeras e Presidente Wilson. Centro do Río de Xaneiro |
País | Brasil |
[ editar datos en Wikidata ] |
Villarino, tamén escrito Vilarino, Vilariño, Villariño e Vilarinho é un bar no Río de Xaneiro coñecido por ser o lugar onde Tom Jobim e Vinícius de Moraes se reuniron para organizar as músicas da obra Orfeu da Conceição. O bar tamén era frecuentado por outros músicos da época.[1]
O bar é un local pequeno, ao fondo dun establecemento de importacións. Conserva a decoración dos anos en que se reunían alí os músicos da MPB, con mesas de tapa de mármore, cadeiras de madeira e tapicería vermella, e nas paredes hai fotos de Vinícius, Tom Jobim e outros músicos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Veja - Orfeu no país do Carnaval". 17/12/2003. Arquivado dende o orixinal o 17/12/2003. Consultado o 29/03/2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Música |
- Cámara Brasileira de Jóvenes Escritores - Nacemento, con João Gilberto, "apartment carpet music" Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Visitado em 29/03/2009
- Google books - Á mesa do Vilariño - libro de Fernando Lobo Visitado em 29/03/2009
- O Villarino - Onde todo comezou Arquivado 26 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. Visitado em 29/03/2009