Villaverde, Madrid
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | ||||
Concello | Madrid | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 159.038 (2023) (7.878,01 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 20,187585876897 km² | ||||
Bañado por | Río Manzanares | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1970 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Xunta Municipal do Distrito de Villaverde | ||||
• Concelleiro presidente | Orlando Chacón Tabares (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 28021 e 28041 | ||||
Sitio web | madrid.es… | ||||
Villaverde[1] é un distrito da cidade de Madrid situado no sur da cidade.
Limita polo norte co distrito de Usera, polo leste co distrito de Villa de Vallecas, polo sur co concello de Xetafe, polo oeste co concello de Leganés. Ten unha superficie 20,19 km² e unha poboación de 159.038 habitantes no ano 2023.[2] Anexionáronse ao municipio de Madrid en 1954.[3] En 1970 coa reorganización da división administrativa dos distritos, incluíronse ao distrito de Villaverde xunto cos outros 17 distritos que lle dividiron.[4]
Datos históricos
[editar | editar a fonte]Situado no extremo meridional do concello definido polas estradas de Andalucía e Toledo, é un dos distritos de maior importancia industrial.
Outrora era un núcleo rural das proximidades de Madrid, cuxo termo se explotaba como terra de cereal, ocupado o resto polo pasteiro, algunhas hortas e froiteiras. A industria estaba representada por un centener de fornos para cocer o pan que se vendía en Madrid e por tejares que atendían a demanda de construción madrileña. É a partir de mediados do século XIX cando comeza a transformación de Villaverde, culminada polas posteriores inmigracións. A partir de 1950 o termo deixou de ser agrícola para transformarse en industrial. Ademais caracterízase pola proliferación de barreiras externas como as mencionadas estradas nacionais, e internas como o ferrocarril e as zonas industriais, que dificultan as relacións entre os barrios e cos distritos antigos. Durante moitos anos localizáronse no distrito asentamentos de chabolismo disperos que aos poucos fóronse erradicando.[5]
Barrios
[editar | editar a fonte]Este distrito está dividido en cinco barrios:[6]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ "Distrito de Villa de Villaverde (Madrid)".
- ↑ "Características xerais do distrito de Villaverde".
- ↑ "DECRETO de 2 de julio de 1954 por el que se aprueba la anexión total del término municipal de Villaverde al Ayuntamiento de Madrid" (PDF) (en castelán). 13 de xullo de 1954.
- ↑ "La organización de los Distritos" (PDF) (en castelán).
- ↑ "Datos históricos do distrito de Villaverde".
- ↑ "Mapa Distrito 17 - Villaverde" (PDF). xuño de 2022.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Montero Alonso, José; Azorín García, Francisco; Montero Padilla, José (1997). Diccionario de Madrid (en castelán). Madrid: Rubiños. p. 512. ISBN 9788480410946.
- Martínez Canales, Francisco (2018). LA CREACIÓN DEL GRAN MADRID. ANEXIÓN DE MUNICIPIOS LIMÍTROFES (en castelán). Madrid: Rubiños. p. 251. ISBN 9788494047374.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Villaverde, Madrid |