Vilouchada, Trazo
Aparencia
Vilouchada | |
---|---|
![]() Igrexa de Santa Eufemia. | |
Concello | Trazo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°59′10″N 8°31′37″O / 42.98615188, -8.52684414 |
Área | 9,09 km² |
Poboación | 99 hab. (2019) |
Densidade | 10,89 hab./km² |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Vicenzo de Vilouchada é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Trazo. Segundo o INE en 2019 tiña 99 habitantes (50 mulleres e 49 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 172 habitantes.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Ermida de Santa Eufemia e San Mateo. Preto da capela está a Fonte da Santa, na aldea da Penela, de estilo románico coa inscrición "hízose en el año 1820, siendo Rector el licenciado don Juan Noboa". Á esquerda da fonte está a Pedra dos Cadrís para curar a reuma e a esterilidade. O 16 de setembro celébrase a romaría de Santa Eufemia, e o 21 de setembro a festa de San Mateo.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Vilouchada
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Vilouchada no concello de Trazo (A Coruña) | |
---|---|
O Barco | O Casal | A Cerdeira | O Gandaral | A Irexe | Parapar | O Pedrouzo | A Penela | Santa Eufemia | Vilamide | Vilouchada |