Virgilio Nóvoa Gil
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1913 ![]() Lalín, España ![]() |
Morte | 1970 ![]() Toén, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Virgilio Antonio Nóvoa Gil, nado na Xesta (Lalín) en 1913 e finado en Toén en xaneiro de 1970, foi un escritor galego en lingua castelá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Moi novo foi vivir a Pontevedra coa nai e as irmás. Estudou na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Central de Madrid. Grande amigo de Manuel Cuña Novás, antes da guerra publicou dous libros de poemas e colaborou en periódicos e revistas como Vida Gallega, Diario de Pontevedra, El Progreso, El Pueblo Gallego, Faro de Vigo e La Libertad de Madrid. Foi mobilizado e loitou na guerra civil no bando nacional. Retornou a Pontevedra e colaborou nas revistas Sonata Gallega e Ciudad. Sabino Torres publicoulle en 1949 fragmentos do seu libro en prosa Agonía del hombre. Estivo recluído no sanatorio de Toen os últimos anos da súa vida.
Obras
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Nóvoa Gil, Virgilio Antonio". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Novoa Gil, Virgilio (1999). El sueño desanclado y otros poemas. Pontevedra: Hipocampo amigo.