Viruca Yebra
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1959 ![]() Sarria, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritora ![]() |
![]() |
María Elvira Yebra Villanueva, coñecida como Viruca Yebra, nada en Sarria en 1959, é unha xornalista e escritora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Ciencias da Información polo Centro Universitario San Pablo C.E.U e diplomada en Relacións Públicas e Márketing pola Cámara de Comercio de Madrid. Comezou a súa carreira xornalística en El Ideal Gallego e no diario Ya. Colaborou en Debate Escolar e Triunfo. Traballou no Gabinete de Prensa de UCD en 1979. Foi xefa de Prensa da Escuela para la Democracia, do candidato a presidente do Goberno Landelino Lavilla (1982) e de Gerardo Fernández Albor (1984). En 1986 foi nomeada delegada da Xunta de Galicia en Madrid. Ese ano entrou a traballar para o ABC como xefa de sección de Vida social. Foi fundadora e primeira presidenta do Club de Periodistas Gallegos en Madrid[1] e directora do Club Internacional de Marbella.[2] Traballou en causas solidarias, asociacións e eventos para recadar fondos para a xente necesitada
Obras
[editar | editar a fonte]- El fuego del flamboyán (2016). Córdoba: Almuzara. 400 páxs. ISBN 9788416776146. Crónica histórica sobre a emigración galega a Cuba.[3]
- La última condesa nazi (2021). Espasa Libros. 584 páxs. ISBN 9788467062830. Retrata a época dourada de Marbella e a vida cotiá da jet set.[4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Periodistas (2012-03-10). "Viruca Yebra, primera presidenta del Club". Periodistas Gallegos (en castelán). Consultado o 2023-02-18.
- ↑ "Viruca Yebra". PlanetadeLibros (en castelán). Consultado o 2023-02-18.
- ↑ lecturalia.com. "Viruca Yebra: libros y biografía autora". Lecturalia (en castelán). Consultado o 2023-02-18.
- ↑ Hoy, Málaga (2022-01-15). "Viruca Yebra: “Los nazis en Marbella solían estar apartados de la vida social, camuflados”". Málaga Hoy (en castelán). Consultado o 2023-02-18.
- ↑ "Viruca Yebra: «Con el conflicto de Ucrania 'La Última Condesa Nazi' ha adquirido una segunda lectura»". Leonoticias (en castelán). 2022-03-17. Consultado o 2023-02-18.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alvarellos, Enrique (1993). Mulleres destacadas de Galicia. Alvarellos Editora. p. 338. ISBN 84-85311-96-5.