Vis a vis (serie de televisión)
Vis a vis | |
---|---|
Formato | Drama Suspense Humor negro |
Intérpretes | Maggie Civantos Najwa Nimri Carlos Hipólito Roberto Enríquez Berta Vázquez Alba Flores |
País de orixe | España |
Episodios | 24 |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Antena 3 |
Primeiro episodio | 20 de abril de 2015 |
Derradeiro episodio | 22 de xuño de 2016 |
Na rede | |
http://www.antena3.com/series/vis-a-vis/ | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Vis a vis foi unha serie de televisión española de xénero dramático, suspense e carcerario, producida por Globomedia para Antena 3. Estreouse o 20 de abril de 2015 como líder da noite, cun 22,4% de cota de pantalla e unha media de 4.308.000 espectadores. O 26 de maio de 2015 a serie foi renovada por unha segunda tempada. O 6 de xullo de 2017 anunciouse oficialmente que FOX Networks Group España, Atresmedia e Globomedia alcanzaron un acordo para a produción da terceira tempada, estrenada en FOX o 23 de abril de 2016. No 2018 confirmouse oficialmente, tamén, a cuarta tempada e en xaneiro de 2019 confirmouse oficialmente que a cuarta tempada da serie sería a derradeira e contaría cun final pechado.
O derradeiro capítulo emitiuse o 4 de febreiro de 2019.
Historia
[editar | editar a fonte]A serie íbase a chamar orixinalmente Mosquita muerta, pero Antena 3 cambioulle o nome por Vis a vis antes da súa estrea, non chegando a utilizarse en ningún memento de forma oficial.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Macarena (Maggie Civantos) é unha moza inxenua que, por amor ao seu xefe, comete varios delitos de manipulación e malversación de contas na empresa na que traballa. É descuberta e acúsase de catro delitos fiscais, polo que é recluída no cárcere Cruz del Sur de forma preventiva. Alí terá que enfrontarse ao choque emocional que supón para ela entrar no cárcere, e ás complicadas relacións entre as reclusas, entre as que destaca Zulema (Najwa Nimri), a interna máis perigosa do centro. O cárcere será un lugar onde pronto descubrirá que as posibilidades de sobrevivir aos sete anos que piden de condena, pasan por cambiar, evolucionar e converterse noutra persoa moi distinta. É a transformación dunha persoa inofensiva, aparentemente incapaz de facer dano, nunha supervivente que vai deixando atrás os seus escrúpulos.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Maggie Civantos é Macarena Ferreiro, presa.
- María Salgueiro é Encarna Molina, nai de Macarena.
- Carlos Hipólito é Leopoldo Ferreiro, pai de Macarena.
- Daniel Ortiz é Román Ferreiro, irmán de Macarena.
- Najwa Nimri é Zulema Zahir, presa perigosa.
- Berta Vázquez é Estefanía Cavilos "Rizos", presa.
- Alba Flores é Saray Vargas de Jesús, presa.
- María Isabel Díaz Lago é Soledad "Sole" Núñez, presa.
- Inma Cuevas é Ana Belén "Anabel" Vila, presa.
- Laura Baena é Antonia Trujillo, presa.
- Marta Aledo é Teresa "Tere" González, presa.
- Dunia Rodríguez é María Prieto "Casper", presa.
- Belén Cuesta é Yolanda Montero, presa.
- Roberto Enríquez é Fabio Martínez, funcionario da prisión.
- Alberto Velasco é Antonio Palacios, funcionario da prisión.
- Harlys Becerra é Ismael Valbuena, funcionario da prisión.
- Ana Labordeta é Paloma Garrido "La Gobernanta", funcionaria da prisión.
- Cristina Plazas é Miranda Aguirre, directora da prisión.
- Ramiro Blas é Carlos Sandoval, médico da prisión.
- Jesús Castejón é o Inspector Castillo.
- Marcos Zhang é o Inspector Ling Chun.
- Adryen Mehdi é Hanbal Hamadi "El Egipcio", fuxitivo e noivo de Zulema.
- Ramón Rados é Simón Mateos, xefe de Macarena.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Antena 3 se monta su propio 'Orange Is The New Black' en 'Vis a vis'". Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2016. Consultado o 05 de maio de 2016.