Vitas sanctorum patrum emeretensium
Vitas sanctorum patrum emeretensium | |
---|---|
Título orixinal | Vitas sanctorum patrum emeretensium |
Orixe | Reino visigodo de Toledo |
Lingua | lingua latina |
Data de pub. | anos 630xuliano |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Vitas sanctorum patrum emeretensium[1](Vidas dos santos pais da Igrexa de Mérida) é un texto haxiográfico da Alta Idade Media escrito en lingua latina. Narra as vidas de cinco bispos que gobernaron a sé de Mérida na segunda metade do século VI e primeira metade do VII: Paulo, Fidel, Masona, Inocencio e Renovatio.[2]
Data de composición
[editar | editar a fonte]A primeira impresión da obra fíxose en Madrid en 1633. Consérvanse media ducia de manuscritos e algúns fragmentos.
Non hai consenso sobre a data de composición. Con todo, parece que a maior parte das vidas foron compostas na primeira metade do século VII. O prefacio e os tres primeiros capítulos puideron engadirse a finais de século. Tamén hai quen[quen?] atrasa a composición da obra ao século IX.[3][4][2]
Javier Arce pensa que foi escrita durante o episcopado de Estevo (633-638) e finalmente compilada e corrixida durante o episcopado de Festo (672-680). Na súa opinión, o traballo foi escrito por un diácono de Mérida, de quen non se sabe o nome. O diácono Paulo sería o responsábel da recompilación final[5].
Importancia histórica
[editar | editar a fonte]A Vitas Patrum Emeritensium é unha fonte de importancia capital para o estudo do Reino visigótico de Toledo. Contén moitas indicacións sobre a vida diaria na Hispania dos séculos VI e VII: alimentación, educación, roupa…
É tamén importante para o coñecemento sobre a organización das Igrexas católica e ariana e o camiño que levou á conversión do pobo visigodo ao catolicismo. Así, a vida do bispo Masona narra o exilio deste bispo nos primeiros anos do reinado de Leovixildo a causa das maquinacións tramadas contra el polo bispo ariano Sunna. Finalmente, xa no goberno de Recaredo, Masona será un dos actores fundamentais na conversión do rei.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Maya Sánchez, A. (1990). Vitas sanctorum patrum emeretensium. Introducción, edición crítica y traducción. Universidad de Sevilla.
- ↑ 2,0 2,1 Francis Clark, The Pseudo-Gregorian Dialogues, Brill, 1997, pp. 131-135
- ↑ Vitas sanctorum patrum Emeretensium. Paul, of Mérida, deacon of Mérida, active 7th century., Maya Sánchez, A. Turnholti [Turnhout, Belgium]: Brepols. 1992. ISBN 2503011616. OCLC 26115418.
- ↑ Kulikowski, Michael (2004-08-30). Late Roman Spain and Its Cities. p. 389. ISBN 9780801879784.
- ↑ Arce, Javier (2013). Esperando a los árabes: Los visigodos en Hispania (507-711). Marcial Pons. p. 203. ISBN 978-8416662241.