Vitiaz (1862)
A Vitiaz (en ruso Витязь) foi unha corveta da Mariña imperial rusa que efectuou unha dupla circunnavegación (1870 - 1883-1885).
Visitou os Estados Unidos de América nunha misión diplomática ao mando do vicealmirante Stepan Lesovsky (1863-1864), prestou servizo no mar Mediterráneo en 1864 e no océano Pacífico (1870-1874) e rearmada en 1871. Foi renomeada como Skobelev (Скобелев) en 1882, e empregada como buque escola a partir dese ano.[1]
Na súa primeira viaxe de circunnavegación (1870 - 1883), navegou desde outubro de 1870 por América do Sur e as illas do Pacífico chegando á baía do Astrolabio (Papúa-Nova Guinea) en setembro de 1871, polo que o mariño ruso Nikolai Nikolaiévich Mikluho-Maklai, deulle o nome de estreito de Vitiaz ao brazo de mar que separa a illa de Nova Bretaña da península de Huon, en Papúa-Nova Guinea.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lehti, Aarni & Immonen, Karl (2006): "Porin puiset sotalaivat". (As balandras imperiais de guerra de Pori) (en finés).
- ↑ R. W. de M.-Maclay, "Mikluho-Maklai, Nicholai Nicholaievich (1846-1888)", Australian Dictionary of Biography.