Voadores de Papantla
Aparencia
Os Voadores de Papantla, tradición mexicana, representaba para algúns antigos pobos indíxenas como os olmecas e tototnacas un ritual sagrado cun grande significado astronómico e relixioso.
Cerimonia
[editar | editar a fonte]Consiste en que catro persoas (simbolizando os catro puntos cardinais) se aten a un tronco alto e xiren arredor del 13 veces cada un, sumando, en total, 52 voltas, que eran os anos que duraba un século astronómico para os indíxenas.
Patrimonio Inmaterial da Humanidade
[editar | editar a fonte]Esta tradición foi recoñecida como patrimonio cultural inmaterial da humanidade da UNESCO en 2009, pero só a mexicana, como os voadores de Papantla, xa que foi unha candidatura inscrita en solitario só polos Estados Unidos de México.[1]
Notas
- ↑ "UNESCO - Ritual ceremony of the Voladores". ich.unesco.org (en inglés). Consultado o 2024-07-25.