Saltar ao contido

Pequena Polonia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Voivodato da Pequena Polonia»)
Modelo:Xeografía políticaPequena Polonia
Imaxe

EpónimoPequena Polónia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 49°51′N 20°16′L / 49.85, 20.27
EstadoPolonia Editar o valor en Wikidata
CapitalCracovia Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación3.360.581 (2013) Editar o valor en Wikidata (222,44 hab./km²)
Xeografía
Superficie15.108 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1 de xaneiro de 1999 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2PL-12 e PL-MA Editar o valor en Wikidata
Código NUTSPL21 Editar o valor en Wikidata

Sitio webmalopolskie.pl Editar o valor en Wikidata
Facebook: lubiemalopolske Twitter: malopolskaPL Instagram: malopolska Editar o valor en Wikidata

O Voivodato da Pequena Polonia (en polaco: Małopolska, pronunciese: "mauopolska") é unha das 16 provincias (voivodatos) que conforman a República de Polonia, segundo a división administrativa do ano 1998.

Fisiografía

[editar | editar a fonte]

A Małopolska (Pequena Polonia) sitúase no sueste do actual territorio polaco, abranguendo practicamente toda a alta conca do Vístula. A diferenza da maior parte do territorio polaco, a Pequena Polonia presenta importantes altitudes no seu sector meridional (onde fai fronteira con Eslovaquia a través do sector dos Cárpatos chamado montes Beskides); a máxima elevación atópase no Tatra (2499 m).

Fóra da rexión carpática, a maior parte da Pequena Polonia é unha penechaira bastante ondulada e, orixinalmente, recuberta de densos bosques de faias, bidueiros e abetos. Así e todo, gran parte destes bosques foron desmontados para dedicar o territorio á agricultura de cereais (centeo, cebada e trigo, así como ao cultivo da pataca).

Xeografía histórica

[editar | editar a fonte]

No alto medievo o territorio da actual Pequena Polonia estaba englobado no da Chrobatia.

Co fortalecemento do poder polaco, a rexión pasou a ser practicamente o núcleo de poder de Polonia ao ser a principal cidade do reino a cidade de Cracovia.

No século XVIII tras as Reparticións de Polonia entre Austria, Prusia e Rusia, a Pequena Polonia foi un dos territorios que ficaron baixo o control do Imperio Austríaco.

O sector oriental da actual Pequena Polonia pertenceu até aproximadamente 1920 á rexión de Galitzia, o sector occidental é a Pequena Polonia propiamente dita e alí atópase a antiga capital histórica de Polonia, a cidade de Cracovia (en polaco Kraków).

Principais cidades

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]