Volkswagen Touareg
Volkswagen Touareg | |
---|---|
Tipo | Automóbil todo terreo |
Marca | Volkswagen |
Fabricante | Volkswagen |
Matriz | Grupo Volkswagen |
País | Alemaña |
Período | ╴presente |
Montaxe | Bratislava, Eslovaquia Kaluga, Rusia |
Configuración | |
Segmento | Segmento E |
Lonxitude | 4.754 mm |
Cronoloxía | |
Sitio web | |
web.archive.org… | |
[ Commons ] [ Wikidata ] |
O Volkswagen Touareg é un automóbil todo terreo do segmento E producido polo fabricante alemán Volkswagen dende 2002. É un cinco prazas con carrozaría de cinco portas, motor frontal lonxitudinal e chasis monocasco, que se ofrece unicamente con tracción á catro rodas. Os seus principais rivais son o BMW X5, o Range Rover Sport, o Jeep Grand Cherokee, o Mercedes-Benz Clase M, o Porsche Cayenne e o Volvo XC90.
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]O Touareg (nomeado internamente como Typ 7L) foi un proxecto do Grupo Volkswagen, que tamén incluíu a Audi e Porsche, que andaban a pensar na posibilidade de engadir un SUV ao seu catálogo de produtos. O obxectivo era crear un vehículo todo terreo que se puidese conducir como un coche deportivo. O equipo, de máis de 300 persoas, foi dirixido por Klaus-Gerhard Wolpert, e tivo a súa base de operacións en Weissach im Tal (Alemaña). Como resultado desta empresa conxunta o Porsche Cayenne comparte co Touareg a plataforma PL71 do Grupo Volkswagen, e ambos modelos fabrícanse en Bratislava xunto co Audi Q7.
Primeira xeración (2002-2010)
[editar | editar a fonte]1ª xeración | |
---|---|
Marca | Volkswagen |
Fabricante | Grupo Volkswagen (pt) |
Dimensións | |
Distancia eixes | 2855 mm |
Lonxitude | 4755 mm |
Anchura | 1930 mm |
Altura | 1725 mm |
Relacionados | |
Relacionado | Porsche Cayenne |
Sitio web | |
web.archive.org… | |
[ Commons ] [ Wikidata ] |
O Touareg de primeira xeración foi deseñado en conxunto polo Grupo Volkswagen e Porsche. Por esta razón, a súa plataforma é a mesma que a do Porsche Cayenne e similar á do Audi Q7. Todas as unidades fabrícanse en Eslovaquia e Rusia. Na reestilización a finais de 2006, o Touareg recibiu o frontal cromado que tamén incorporan outros modelos da marca.
Motores
[editar | editar a fonte]Gasolina | ||||
---|---|---|---|---|
Modelo | Ano | Motor | Potencia (rpm) | Par (rpm) |
3.2 V6 | 2002–2004 | V6 de 3189 cc | 276 CV (rpm) | |
3.6 V6 | 2004–2006 | V6 de 3597 cc | 238 CV (rpm) | |
4.2 V8 | 2002–2006 | V8 de 4163 cc | 306 CV (rpm) | |
6.0 W12 | 2005- | W12 de 5998 cc | 444 CV (6000 rpm) | 600 Nm (3300 rpm) |
Diésel | ||||
Modelo | Ano | Motor | Potencia (rpm) | Par (rpm) |
2.5 R5 TDI | 2003- | L5 de 2460 cc | 172 CV | |
3.0 V6 TDI | 2004–2007 | V6 Turbo de 2967 cc | 222 CV | |
5.0 V10 TDI | 2002-2007 | V10 Turbo de 4921 cc | 309 CV (3750 rpm) | 750 Nm (2000 rpm) |
Segunda xeración (2010-2018)
[editar | editar a fonte]2ª xeración | |
---|---|
Marca | Volkswagen |
Fabricante | Grupo Volkswagen (pt) |
Dimensións | |
Distancia eixes | 2895 mm |
Lonxitude | 4795 mm |
Anchura | 1940 mm |
Altura | 1710 mm |
Sitio web | |
web.archive.org… | |
[ Commons ] [ Wikidata ] |
A segunda xeración do Touareg foi presentada no Salón do Automóbil de Xenebra de 2010 e comezou a súa comercialización no segundo trimestre dese ano.
Ficha Técnica | Touareg V6 TDI | Touareg Hybrid | Touareg 4.2 V8 TDI |
Motor | V6 a 90º | V6 a 90º | V8 a 90º |
Cilindrada | 2.967 cc | 2.995 cc | 4.134 cc |
Alimentación | inx. directa (conduto común), admisión variable, Turbo compresor de xeometría variable. Intercooler. | inx. directa múltiple (conduto común), Turbo compresor de xeometría variable, Intercooler. | inx. directa, con compresor, Intercooler. |
Distribución | 4 válvulas por cilindro, dúas árbores de levas en cada culata. | 4 válvulas por cilindro, dúas árbores de levas en cada culata. | 4 válvulas por cilindro, dúas árbores de levas en cada culata, Distribución Variable |
Potencia máxima | 240 CV a 4.000 rpm | 333 CV a 6.500 rpm + 46 CV a 1.150 rpm | 340 CV a 4.000 rpm |
Par máximo | 550 Nm a 2.500-2.250 rpm | 440 Nm a 3.000-5.250 rpm + 300 Nm a 1.150 rpm | 800 Nm a 1.750-2.750 rpm |
Transmisión | Automatica DSG, de oito marchas máis reversa | ||
Tracción | Integral 4Motion, control de estabilidad | ||
Aceleración 0–100 km/h | 7,8 s | 6,5 s | 5,8 s |
Velocidad máxima | 218 km/h | 240 km/h | 242 km/h |
Consumo medio (l/100 km) | aut (7,4 l/100 km) | aut (8,2 l/100 km) | aut (9,1 l/100 km) |
Emisiones de CO2 | aut (195 gr/km) | aut (193 gr/km) | aut (239 gr/km) |
Terceira xeración
[editar | editar a fonte]3ª xeracíon | |
---|---|
Marca | Volkswagen |
Fabricante | Grupo Volkswagen (pt) |
Deseño | Frank Bruese |
Configuración | |
Plataforma | Grupo Volkswagen MLB Evo |
Dimensións | |
Distancia eixes | 2894 mm |
Lonxitude | 4878 mm |
Anchura | 1984 mm |
Altura | 1717 mm |
Relacionados | |
Relacionado | Porsche Cayenne Audi Q7 |
Sitio web | |
web.archive.org… | |
[ Commons ] [ Wikidata ] |
A terceira xeración Touareg foi revelada o 23 de marzo de 2018 no Salón do Automóbil de Poznań. Facía fincapé na eficiencia do combustible. O vehículo é máis grande e usa a plataforma MLB do Grupo Volkswagen compartida co Porsche Cayenne e o Audi Q7.
Deportes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Volkswagen Race Touareg.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Ano | Competición | Mellor posto | Piloto(s) |
---|---|---|---|
2010 | Rally Dakar | 1º | Carlos Sainz |
2010 | Rally Ruta da Seda | 1º | Carlos Sainz[1] |
2009 | Rally Dakar | 1º | Giniel de Villiers |
2009 | Rally Ruta da Seda | 1º | Carlos Sainz |
Galería
[editar | editar a fonte]-
VW Touareg V10 TDI frontal (2007)
-
VW Touareg V10 TDI parte traseira (2007)
-
Touareg V10 TDI
-
Touareg V10 TDI
-
Frontal Facelift Toureg
-
Parte traseira Facelift Toureg
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sainz vence por segunda vez consecutiva en el Rally Ruta de la Seda, (en castelán), accedido o 10 de xaneiro de 2010, en abc.es.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Volkswagen Touareg |