Volodymyr Vakulenko
Nome orixinal | (uk) Володи́мир Володи́мирович Вакуле́нко |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1 de xullo de 1972 Kapytolivka, Ucraína (en) |
Morte | 24 de marzo de 2022 ↔ 12 de maio de 2022 (49/50 anos) Izium Raion, Ucraína (en) |
Causa da morte | homicidio, ferida por arma de fogo |
Lugar de sepultura | Khárkiv |
Actividade | |
Ocupación | autor, figura pública, wikimedista, tradutor, escritor de literatura infantil, poeta |
Período de actividade | 2001, idade dunha persoa:29 - 2022, idade dunha persoa:49 |
Xénero artístico | Literatura infantil, poesía, Prosa e tradución |
Pseudónimo literario | Володимир Вакуленко-К. ВКВ |
Premios | |
|
Volodymyr Vakulenko (en ucraíno: Володимир Володимирович Вакуленко), nado o 1 de xullo de 1972 e finado en 2022, foi un poeta, escritor de literatura infantil e wikipedista ucraíno, que tamén participou en voluntariado e activismo.[1][2] Foi asasinado durante a ocupación rusa da área de Khárkiv, en Ucraína en 2022.[3] Recibiu o Premio Literario Internacional Oles Ulianenko e foi laureado do Concurso Les Martovych.
Vakulenko foi secuestrado polos invasores rusos preto de Izium antes de ser asasinado durante a ocupación temporal da Óblast de Khárkiv. Así o informa PEN Ucraína, citando á exmuller de Vakulenko, Iryna Novytska, quen escribiu que "os pais de Vakulenko foron informados de que, tras os resultados de ADN, o corpo do seu fillo estaba na tumba №319".[4]
A Vakulenko sobrevivírono o seu fillo Vitalii, de 7 anos, e os seus pais.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Drake, Daniel (29 de novembro de 2022). "Rusové zabili oceňovaného ukrajinského spisovatele" (en Czech). novinky.cz.
- ↑ 2,0 2,1 Petrushko, Vitalii (5 de decembro de 2022). "Ukrainian writer and Wikipedian Volodymyr Vakulenko killed by the Russian Federation’s invasion of Ukraine". Diff (Wikimedia).
- ↑ "Writer Volodymyr Vakulenko killed during Russian occupation". The Kyiv Independent. 29 de novembro de 2022.
- ↑ "Volodymyr Vakulenko killed by Russian occupiers". PEN Ukraine. 28 de novembro de 2022. Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2022. Consultado o 12 de decembro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Volodymyr Vakulenko |
A Galipedia ten un portal sobre: Ucraína |