The Ocean Race
Tipo | evento deportivo recorrente |
---|---|
Deporte | vela |
Localización e Datas | |
Localización | Alacant (Alacantí) 38°20′43″N 0°28′59″O / 38.3453, -0.4831 |
País | Suecia |
Vixencia | 1973 – |
Outro | |
Páxina web oficial | volvooceanrace.com… |
A The Ocean Race, chamada entre 2001 e 2019 Volvo Ocean Race, é unha regata de embarcacións a vela que dá a volta completa ao mundo. Está organizada polo fabricante sueco de automóbiles Volvo e ata a edición de 2005 sempre fixera a saída inaugural de portos británicos: o 12 de novembro dese ano, saíu de Vigo apadriñada por el-Rei Xoán Carlos I, aínda que os veleiros estivesen previamente atracados no porto de Sanxenxo. A organización da regata foi subvencionada con 15.000.000 euros por parte de Xunta de Galicia.
As embarcacións que participan na proba pertencen todas ao mesmo modelo, o Volvo Open 70, con pequenas variacións nos materiais e en aspectos mínimos do deseño dependendo dos fabricantes.
A proba desenvólvese por tiradas, que van combinando percorridos en mar aberto, que poden durar entre unha semana e mes e medio de navegación, con regatas en porto ou nas súas proximidades, que duran media xornada.
Edición 2005-06
[editar | editar a fonte]Participación galega
[editar | editar a fonte]Na edición de 2005-06 houbo unha dobre participación galega. Dunha banda o coruñés Chuny Bermúdez navegou embarcado na tripulación brasileira do Brasil 1. A súa embarcación quedou na terceira posición no final.
Por outra parte, a embarcación española do Movistar estaba patroneada por Pedro Campos e contou en tres tiradas coa participación do pontevedrés Fernando Echavarri. O Movistar sufriu unha grave avaría na tirada que cruzaba o Atlántico con destino en Portsmouth e a tripulación abandonou o barco, que desapareceu ao oeste de Irlanda.
Tiradas ano 2005/2006
[editar | editar a fonte]N | Comezo | Final | Millas náuticas |
---|---|---|---|
1 | Vigo, o 12 de novembro de 2005 | Cidade do Cabo, Suráfrica o 2 de decembro de 2005 | 6,400 |
2 | Cidade do Cabo, Suráfrica o 2 de xaneiro de 2006 | Melbourne, Australia o 16 de xaneiro de 2006 | 6,100 |
3 | Melbourne, Australia o 12 de febreiro de 2006 | Wellington, Nova Zelandia o 16 de febreiro de 2006 | 1,450 |
4 | Wellington, Nova Zelandia o 19 de febreiro de 2006 | Río de Xaneiro, Brasil o 7 de marzo de 2006 | 6,700 |
5 | Río de Xaneiro, Brasil o 2 de abril de 2006 | Baltimore/Annapolis, Maryland, EEUU o 17 de abril de 2006 | 5,000 |
6 | Baltimore/Annapolis, Maryland, Estados Unidos o 2 de xuño, 2006 | Nova York, Estados Unidos o 8 de maio de 2006 | 400 |
7 | Nova York, USA o 11 de maio de 2006 | Portsmouth, Gran Bretaña o 19 de maio de 2006 | 3,200 |
8 | Portsmouth, Gran Bretaña o 2 de xuño de 2006 | Rotterdam, Países Baixos o 7 de xuño de 2006 | 1,500 |
9 | Rotterdam, Países Baixos o 15 de xuño de 2006 | Gotemburgo, Suecia o 17 de xuño de 2006 | 500 |
Carreiras dentro do porto | Data prevista |
---|---|
Sanxenxo (Galicia) | 5 de novembro de 2005 |
Cidade do Cabo (Suráfrica) | 26 de decembro de 2005 |
Melbourne (Australia) | 4 de febreiro de 2006 |
Río de Xaneiro (Brasil) | 25 de marzo de 2006 |
Baltimore/Annapolis (EUA) | 29 de abril de 2006 |
Portsmouth (Gran Bretaña) | 29 de maio de 2006 |
Rotterdam (Países Baixos) | 11 de xuño de 2006 |
Edición 2008-09
[editar | editar a fonte]A edición de 2008 saíu do porto de Alacant. Tamén foi inaugurada polo rei de España.
Participantes
[editar | editar a fonte]Equipo | Número de Vela. | Nacionalidade | Deseñador | construtor | Patrón |
---|---|---|---|---|---|
Ericsson Racing Team Ericsson 3 |
SWE 3 | Suecia | Juan Kouyoumdjian | Killian Bushe | Anders Lewander |
Ericsson Racing Team Ericsson 4 |
SWE 4 | Suecia | Juan Kouyoumdjian | Killian Bushe | Torben Grael |
Green Dragon Racing Team Green Dragon |
IRL 888 | Irlanda | Reichel Pugh | McConaghy Boats | Ian Walker |
Puma Racing Team Il Mostro |
- | Estados Unidos | Botin Carkeek | Goetz Custom Boats & Customline Yachts | Ken Read |
Team Delta Lloyd | NED 1 | Países Baixos | Juan Kouyoumdjian | Killian Bushe | Ger O'Rourke |
Team Russia (Sponsor: WDCS) Kosatka |
RUS 1 | Rusia | Humphreys Yacht Design | Green Marine | Andreas Hanakamp |
Telefonica Blue S.A.R. Elena |
ESP 12 | España | Farr Yacht Design | King Marine | Bouwe Bekking |
Telefonica Black S.A.R. Cristina |
ESP 11 | España | Farr Yacht Design | Southern Ocean Marine | Fernando Echavarri |
Ruta
[editar | editar a fonte]Evento[1] | Data de comezo | Saída | Chegada | Distancia (mn) | Ganador |
---|---|---|---|---|---|
Regata 1 | 4 de outubro de 2008 | Alacant | - | Telefonica Blue | |
Etapa 1 | 11 de outubro de 2008 | Alacant | Cidade do Cabo | 6,500 | Ericsson 4 |
Etapa 2 | 15 de novembro de 2008 | Cidade do Cabo | Kochi | 4,450 | Ericsson 4 |
Etapa 3 | 13 de decembro de 2008 | Kochi | Singapur | 1,950 | TBD |
Regata 2 | 10 de xaneiro de 2009 | Singapur | - | TBD | |
Etapa 4 | 18 de xaneiro de 2009 | Singapur | Qingdao | 2,500 | TBD |
Regata 3 | 7 de febreiro de 2009 | Qingdao | - | TBD | |
Etapa 5 | 14 de febreiro de 2009 | Qingdao | Río de Xaneiro | 12,300 | TBD |
Regata 4 | 4 de abril de 2009 | Río de Xaneiro | - | TBD | |
Etapa 6 | 11 de abril de 2009 | Río de Xaneiro | Boston | 4,900 | TBD |
Regata 5 | 9 de maio de 2009 | Boston | - | TBD | |
Etapa 7 | 16 de maio de 2009 | Boston | Galway | 2,550 | TBD |
Regata 6 | 30 de maio de 2009 | Galway | - | TBD | |
Etapa 8 | 6 de xuño de 2009 | Galway | Marstrand | 950 | TBD |
Etapa 9 | 14 de xuño de 2009 | Marstrand | Estocolmo | 525 | TBD |
Regata 7 | 21 de xuño de 2009 | Estocolmo | - | TBD | |
Etapa 10 | 25 de xuño de 2009 | Estocolmo | San Petersburgo | 370 | TBD |
A ruta tamén inclúe sete "metas voantes" (en Fernando de Noronha, Mauricio, Pulau We Indonesia, Latitude 36S, Cabo de Fornos, Fernando de Noronha e St Johns de Terra Nova). Os barcos obteñen a metade da puntuación nestas metas voantes o igual que nas InPort Races.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Volvo Ocean Race 2008/2009 Schedule". Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2008. Consultado o 12 de decembro de 2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: The Ocean Race |