Saltar ao contido

Voo 1951 de Turkish Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 1951 de Turkish Airlines
O avión tras o accidente
Resumo
Data  25 de febreiro de 2009
Causa  altímetro defectuoso
Lugar  preto de Ámsterdam-Schiphol
Coordenadas 
Orixe  Istambul-Atatürk
Destino  Ámsterdam-Schiphol
Finados  9
Feridos  86
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 737-8F2
Operador  Turkish Airlines
Rexistro  TC-JGE
Pasaxeiros  128
Tripulación  7
Superviventes  126

O voo 1951 de Turkish Airlines era un servizo de pasaxeiros que se esnafrou durante a aterraxe no aeroporto de Ámsterdam-Schiphol o día 25 de febreiro de 2009, resultando na morte de 9 pasaxeiros e tripulantes, incluídos os tres pilotos.

O avión, un Boeing 737-800, esnafrouse nun campo a uns 1,5 quilómetros da pista Polderbaan (18R), antes de cruzar a entrada da autoestrada A9 ás 09:26 UTC (10:26 CET), que procedía de Istanbul. O avión rompeu en tres partes no impacto. Os restos non se incendiaron.[1][2][3]

O accidente foi causado primariamente pola reacción automática do avión, que foi desencadeada por un altímetro defectuoso. Isto causou que o acelerador automático baixase a potencia dos motores ao ralentí durante a aproximación. A tripulación decatouse disto demasiado tarde para realizar as accións necesarias para incrementar o pulo e recuperar o avión antes de que entrase en perda e se esnafrase. Boeing publicou despois un boletín para lembrarlle aos pilotos de todos os 737 a importancia de monitorizar a velocidade do aire e a altitude, avisando contra o uso do piloto automático e o acelerador automático mentres se aterraba en casos nos que houbese discrepancias nos radioaltímetros.[4]

  1. "Nine killed as Turkish plane crashes near Amsterdam airport - CNN.com". edition.cnn.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2009. Consultado o 2019-01-25. 
  2. "Turkish plane crash in Amsterdam" (en inglés). 2009-02-25. Consultado o 2019-01-26. 
  3. "Turkish Airlines B738 at Amsterdam on Feb 25th 2009, landed on a field". The Aviation Herald. Consultado o 2019-01-26. 
  4. "Boeing Warns of Possible 737 Altimeter Fault". Aviation Week. 2012-03-22. Archived from the original on 22 de marzo de 2012. Consultado o 2019-01-26.