Voo 1 de American Airlines
Voo 1 de American Airlines | |
---|---|
Boeing 707 semellante ao do accidente
| |
Resumo | |
Data | 1 de marzo de 1962 |
Causa | mal mantemento |
Lugar | Jamaica Bay |
Coordenadas | |
Orixe | aeroporto Idlewild |
Destino | aeroporto dos Ánxeles |
Finados | 95 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Boeing 707-123B |
Operador | American Airlines |
Rexistro | N7506A |
Pasaxeiros | 87 |
Tripulación | 8 |
Superviventes | 0 |
O voo 1 de American Airlines era un servizo regular doméstico de pasaxeiros entre o aeroporto Idlewild en Nova York e o aeroporto dos Ánxeles. O día 1 de marzo de 1962 o Boeing 707 deuse a volta e esnafrouse na Jamaica Bay dous minutos despois da engalaxe, matando os 87 pasaxeiros e 8 tripulantes a bordo. Unha investigación da Xunta de Aeronáutica Civil (CAB) determinou que un defecto de fabricación no sistema do piloto automático levou a unha entrada no sistema de control do temón non comandada, causando o accidente, no que morreron bastantes personalidades notables. Foi o quinto accidente fatal dun Boeing 707 e, no seu momento, o que máis vítimas tivo.[1]
Avión
[editar | editar a fonte]O aparello era un Boeing 707-123B con rexistro N7506A. Fora entregado a American Airlines o 12 de febreiro de 1959. No momento do accidente o avión acumulaba 8 147 horas de voo. A súa derradeira inspección periódica fora o 18 de xaneiro, con 7 922 horas de voo.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Boeing 707-123B N7506A Jamaica Bay, NY". aviation-safety.net. Consultado o 2019-01-09.
- ↑ "Informe do accidente". CAB. Archived from the original on 28 de maio de 2015. Consultado o 2019-1-16.