Saltar ao contido

Voo 217 de Azerbaijan Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 217 de Azerbaijan Airlines
Antonov An-140 semellante ao accidentado
Resumo
Data  23 de decembro de 2005
Causa  fallo de instrumentos
Lugar  mar Caspio
Coordenadas 
Orixe  aeroporto de Baku
Destino  aeroporto de Aktau
Finados  23
Aeronave
Tipo de aeronave Antonov An-140-100
Operador  Azerbaijan Airlines
Rexistro  4K-AZ48
Pasaxeiros  18
Tripulación  5
Superviventes  0

O voo 217 de Azerbaijan Airlines era un servizo regular de pasaxeiros entre Baku e Aktau, en Kazakhstán. O 23 de decembro de 2005 o Antonov An-140-100 que operaba a ruta esnafrouse no mar Caspio ao redor das 22:40.[1]

Accidente

[editar | editar a fonte]

Uns cinco minutos despois de que o avión engalase do aeroporto de Baku a tripulación informou dun fallo dos sistemas. Voar sobre o mar Caspio de noite sen instrumentos fixo que a tripulación tivese dificultade para xulgar os seus parámetros de voo. Mentres intentaba regresar a Baku o aparello esnafrouse pouco despois na ribeira do Caspio, matando todos os pasaxeiros e tripulantes.[2][3]

  1. "Azerbaijan plane crash 'kills 23'" (en inglés). 2005-12-23. Consultado o 2019-01-18. 
  2. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Antonov An-140-100 4K-AZ48 Nardaran". aviation-safety.net. Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2017. Consultado o 2019-01-18. 
  3. Chivers, C. J. (2005-12-25). "Plane Crashes Into Caspian; 23 Are Killed". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2019-01-18.