Voo 241 de Air Vanuatu
Aparencia
Voo 241 de Air Vanuatu | |
---|---|
![]() O avión accidentado en 2015
| |
Resumo | |
Data | 28 de xullo de 2018 |
Causa | baixo investigación |
Lugar | aeroporto Bauerfield |
Coordenadas | |
Orixe | aeroporto de Whitegrass |
Destino | aeroporto Bauerfield |
Finados | 0 |
Feridos | 13 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | ATR 72 |
Operador | Air Vanuatu |
Rexistro | YJ-AV71 |
Pasaxeiros | 39 |
Tripulación | 4 |
Superviventes | 43 |
O voo 241 de Air Vanuatu era un servizo doméstico regular dende o aeroporto de Whitegrass en Tanna e o aeroporto internacional Bauerfield de Port Vila. O día 28 de xullo de 2018 o ATR 72 que operaba a ruta, con rexistro YJ-AV71, sufriu un incendio nun motor no aire. Na aterraxe en Port Vila o avión saíuse da pista e chocou contra dous Britten-Norman Islander, esnaquizando un e danando gravemente o outro. 13 dos 43 ocupantes do voo recibiron feridas leves.
Avións e tripulación
[editar | editar a fonte]Os avións inplicados no accidente foron:
- Un ATR 72 de Air Vanuatu, con rexistro YJ-AV71[1] e número de serie 720. O aparello voara por vez primeiro o 6 de xuño de 2005.[2] No momento do accidente tiña acumulados 19 887 horas e 39 minutos de voo.[3]
- Un Britten-Norman Islander de Unity Airlines, con rexistro YJ-OO9 e número de serie 65. O avión voara por primeira vez o 11 de abril de 1969.[1][4]
- Un Britten-Norman Islander de Air Taxi, con rexistro YJ-AL2[1][2] e número de serie 609. Voara por vez primeira en 1971.[5]
A tripulación de voo do ATR estaba formada por:
- Capitán: un francés de 34 anos que, no momento do accidente, acumulaba un total de 7 205 horas de voo, das cales 3 870 eran no ATR-72.
- Copiloto: un home de 27 anos de Vanuatu que, no momento do accidente, tiña 1 629 horas de voo, das que tan só 55 eran no ATR-72.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Vanuatu AT72 at Port Vila on Jul 28th 2018". The Aviation Herald. Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2018. Consultado o 2018-12-31.
- ↑ 2,0 2,1 Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident ATR 72-500 (72-212A) YJ-AV71 Port Vila-Bauerfield Airport (VLI)". aviation-safety.net. Consultado o 2018-12-31.
- ↑ 3,0 3,1 "Informe preeliminar" (PDF). Accident Investigation Commission. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de agosto de 2018. Consultado o 2018-12-31.
- ↑ Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Britten-Norman BN-2A-8 Islander YJ-OO9 Port Vila-Bauerfield Airport (VLI)". aviation-safety.net. Consultado o 2018-12-31.
- ↑ Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident IRMA/Britten-Norman BN-2A-27 Islander YJ-AL2 Port Vila-Bauerfield Airport (VLI)". aviation-safety.net. Consultado o 2018-12-31.