Voo 253 de Aeropostal (xuño de 1956)
Aparencia
Voo 253 de Aeropostal | |
---|---|
Super Constellation semellante ao accidentado
| |
Resumo | |
Data | 20 de xuño de 1956 |
Causa | lume en voo |
Lugar | océano Atlántico |
Coordenadas | |
Orixe | aeroporto Idlewild |
Destino | aeroporto de Caracas |
Finados | 74 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Lockheed L-1049 Super Constellation |
Operador | Aeropostal |
Rexistro | YV-C-AMS |
Pasaxeiros | 64 |
Tripulación | 10 |
Superviventes | 0 |
O voo 253 de Aeropostal era un servizo regular de pasaxeiros dende o aeroporto internacional Idlewild, Nova York, ata o aeroporto internacional de Caracas que se esnafrou o 20 de xuño de 1956. Sobre unha hora e 20 minutos despois de engalar a tripulación informou de problemas cun dos motores e regresou a Nova York. Mentres se desfacía de combustible preparándose para a aterraxe, o avión, un Lockheed L-1049 Super Constellation, incendiouse e esnafrouse no océano Atlántico en fronte de Asbury Park, Nova Jersey. Os seus 74 ocupantes morreron e no seu momento foi o accidente con máis mortes dun voo comercial regular.[1] Porén, o número de vítimas mortais foi superado tan só 10 días despois no desastre aéreo do Gran Canón.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Search Vessels Find 6 of 74 Crash Dead". Dallas Morning News. Associated Press. 21 de xuño de 1956. p. 1.