Voo 301 de Canadian Pacific Air Lines
Voo 301 de Canadian Pacific Air Lines | |
---|---|
Bristol Britannia semellante ao do accidente
| |
Resumo | |
Data | 22 de xullo de 1962 |
Causa | erro do piloto |
Lugar | aeroporto de Honolulu |
Coordenadas | |
Orixe | aeroporto de Honolulu |
Destino | aeroporto de Nadi |
Finados | 27 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Bristol Britannia 314 |
Operador | Canadian Pacific Air Lines |
Rexistro | CF-CZB |
Pasaxeiros | 29 |
Tripulación | 11 |
Superviventes | 13 |
O voo 301 de Canadian Pacific Air Lines era un servizo regular dende Honolulu, Hawai ata Nadi, Fidxi. O 22 de xullo de 1962 a ruta estaba sendo operada por un Bristol Britannia 314 con rexistro CF-CZB.[1] Cando engalaba do aeroporto de Honolulu o avión tivo problemas nun motor e regresou para aterrar con tres motores cando durante o intento dun go-around esnafrouse no aeroporto, morrendo 27 dos seus 40 ocupantes.[1]
Avión
[editar | editar a fonte]O aparello, un cuadrimotor turbohélice Bristol Britannia 314, fora fabricado no Reino Unido e voara por primeira vez o 14 de abril de 1958.[2] Fora entregado novo a Canadian Pacific Air Lines o 29 de abril dese ano. Foi bautizado inicialmente Empress of Vancouver e posteriormente pasou a chamarse Empress of Lima.[2]
Accidente
[editar | editar a fonte]O Britannia Empress of Lima estaba facendo un voo regular dende o aeroporto de Honolulu , Hawai, ata o aeroporto de Nadi, Fidxi.[1] Pouco despois da engalaxe a tripulación tivo un aviso de lume nun motor, puxo en bandeira o motor 1 e expulsaron combustible antes de regresar a Honolulu 40 minutos despois.[1] A aproximación con tres motores semellaba normal pero no último momento a tripulación decidiu facer un go-around e intentar outra aproximación.[1] O avión inclinouse e desviouse cara a esquerda,golpeando a á de babor o chan a uns 550 pés do centro da pista.[1] O avión desintegrouse cando atraveou o aeródromo antes de golpear contra algún equipamento de terra.[1] Agás a fuselaxe traseira e a cola, o avión foi consumido polo lume. 13 persoas conseguiron escapar, pero 7 tripulantes e 20 pasaxeiros morreron.[1]
Causa probable
[editar | editar a fonte]A xunta de investigación do accidente concluíu que a causa probable foi "o intento de go-around con tres motores, cando o avión estaba en configuración total de aterraxe, a velocidade e altitude insuficiente para manter o control".[1]