Voo 311 de Thai Airways International
Voo 311 de Thai Airways International | |
---|---|
O avión meses antes do accidente
| |
Resumo | |
Data | 31 de xullo de 1992 |
Causa | perda de consciencia situacional que levou a un voo controlado contra o terreo |
Lugar | Parque Nacional de Langtang, Nepal |
Coordenadas | |
Orixe | aeroporto internacional Don Mueang |
Destino | aeroporto internacional Tribhuvan |
Finados | 113 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Airbus A310-304 |
Operador | Thai Airways International |
Rexistro | HS-TID |
Pasaxeiros | 99 |
Tripulación | 14 |
Superviventes | 0 |
O voo 311 de Thai Airways International era unha ruta entre o aeroporto internacional Don Mueang de Bangkok e o aeroporto internacional Tribhuvan de Katmandú. O venres 31 de xullo de 1992 o Airbus A310-304 que realizaba o servizo, rexistrado HS-TID, esnafrouse na aproximación a Katmandú. Ás 07:00:26 UTC (12:45:26 NST; 14:00:26 ICT), o avión chocou contra a ladeira dunha montaña a 37 km ao norte da cidade a unha altura de 3 505 m e a unha velocidade de 560 km/h, matando aos 99 pasaxeiros e 14 tripulantes a bordo. O sinistro foi a primeiro accidente mortal dun Airbus A310.[1][2]
Avión e tripulación
[editar | editar a fonte]O primeiro voo do avión foi o 2 de outubro de 1987, e entrou en servizo coa aeroliña canadense Wardair co rexistro C-FGWD. Canadian Airlines International mercou Wardair en 1989 e as súas operacións integráronse dentro da marca Canadian Airlines. O aparello entrou formalmente en servizo con Canadian Airlines o 15 de xaneiro de 1990 (co mesmo rexistro). Pouco despois vendeuse a Thai Airways International, recibíndoo o 9 de maio dese ano e sendo rexistrado como HS-TID. O A310 estaba impulsado por dous motores turboventiladores General Electric CF6-80C2A2.[3][4]
O avión estaba pilotado polo capitán de 41 anos Preeda Suttimai e o primeiro oficial de 52 Phunthat Boonyayej, e na cabina de pasaxe había 12 asistentes de voo.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Airbus A310-304 HS-TID Kathmandu-Tribhuvan Airport (KTM)". aviation-safety.net. Consultado o 2021-11-24.
- ↑ "FindLaw's United States Ninth Circuit case and opinions.". Findlaw (en inglés). Consultado o 2021-11-24.
- ↑ "Thai Airways HS-TID (Airbus A310 - MSN 438) (Ex C-FGWD )". www.airfleets.net. Consultado o 2021-11-25.
- ↑ "HS-TID Thai Airways International Airbus A310-300". www.planespotters.net (en inglés). Consultado o 2021-11-25.
- ↑ "Thai jetliner crashes in Nepal". UPI (en inglés). Consultado o 2021-11-25.