Voo 322 de Aerolíneas Argentinas
Voo 322 de Aerolíneas Argentinas | |
---|---|
![]() Comet 4 semellante ao do accidente
| |
Resumo | |
Data | 23 de novembro de 1961 |
Causa | erro do piloto |
Lugar | a 2 km do aeroporto de Viracopos |
Coordenadas | |
Orixe | Aeroporto Ministro Pistarini |
Derradeira escala | aeroporto de Piarco |
Destino | aeroporto de Idlewild |
Finados | 52 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | de Havilland DH-106 Comet 4 |
Operador | Aerolíneas Argentinas |
Rexistro | LV-AHR |
Pasaxeiros | 40 |
Tripulación | 12 |
Superviventes | 0 |
O voo 322 de Aerolíneas Argentinas era un servizo regular entre Buenos Aires e Nova York, con escalas en São Paulo e Porto España operado cun de Havilland Comet 4, con rexistro LV-AHR,[1] que se esnafrou trepando durante as primeiras fases da súa segunda parte, cando chocou con tres árbores pouco despois de engalar do aeroporto de Viracopos o 23 de novembro de 1961.[2] Houbo 52 vítimas mortais, 40 delas pasaxeiros.[3][4][5]
Accidente
[editar | editar a fonte]O avión chegou de Buenos Aires e aterrou no aeroporto de Viracopos-Campinas, a 100 km ao norte de São Paulo para facer unha escala. Engalou ás 05:38 dirixíndose cara ao aeroporto de Piarco, na illa Trinidad, sendo Nova York o seu destino final. Despois de chegar a unha altitude dus 100 metros (330 pés), o avión perdeu altura, chocou contra varios eucaliptos e esnafrouse contra o chan. Os seus tanques de combustible estouparon no impacto. As 52 persoas a bordo morreron no accidente.[3][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident de Havilland DH-106 Comet 4 LV-AHR São Paulo/Campinas-Viracopos International Airport, SP (VCP)". aviation-safety.net. Consultado o 2018-12-21.
- ↑ "The Aerolineas Comet Accident". Flight International. Consultado o 2018-12-21.
- ↑ 3,0 3,1 "Informe do accidente". Ministerio do Aire do Brasil. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2009. Consultado o 2018-12-21.
- ↑ "52 Killed in Crash of Argentine Jet - Hits After Takeoff in Brazil - Craft Was Bound for New York City". Associated Press, in The Capital Times, Madison, WI. 23 de novembro de 1961
- ↑ "Jetliner Crashes, Burns in Brazil, 52 Feared Dead". Associated Press in Press-Telegram, Long Beach, CA. 23 de novembro de 1961
- ↑ Press, the Associated (1961-11-24). "ALL 52 ON JET DIE IN BRAZIL CRASH; Argentine Comet Dives to Earth Just After Taking Off -- American Aboard All 52 on Argentine Jet Killed In Crash on Take-Off in Brazil". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2018-12-22.