Voo 3591 de Atlas Air
Voo 3591 de Atlas Air | |
---|---|
O Boeing 767 accidentado
| |
Resumo | |
Data | 23 de febreiro de 2019 |
Causa | baixo investigación |
Lugar | Trinity Bay |
Coordenadas | |
Orixe | aeroporto de Miami |
Destino | aeroporto George Bush |
Finados | 3 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Boeing 767-375(ER)(BCF) |
Operador | Atlas Air para Amazon Air |
Rexistro | N1217A |
Pasaxeiros | 1 |
Tripulación | 2 |
Superviventes | 0 |
O voo 3591 de Atlas Air era un voo regular de carga doméstico operado para Amazon Air entre o aeroporto de Miami e o aeroporto intercontinental George Bush en Houston. O 23 de febreiro de 2019 o Boeing 767-375(ER)(BCF) que operaba a ruta esnafrouse en Trinity Bay durante a aproximación a Houston, matando aos dous tripulantes e a un pasaxeiro a bordo. O accidente ocorreu preto de Anahuac, Texas, ao leste de Houston, pouco antes das 12:45 CST (18:45 UTC).[1][2][3] Os restos atopáronse nas augas pouco profundas de Trinity Bay.
Avión
[editar | editar a fonte]O Boeing 767-375ER (MSN 25865/430) tiña o rexistro N1217A e case 27 anos de idade no momento do accidente, sendo construído en 1992. Fora pedido orixinalmente por Canadian Airlines, pero comezou a operar con China Southern Airlines a través de GPA, unha compañía de alugamento de avións.[4] En 1997 foi transferido a LAN Airlines onde voou durante 19 anos antes de ser almacenado en xaneiro de 2016. Foi convertido en cargueiro en abril de 2017, e posto en servizo para Amazon Prime Air por Atlas Air.[5] En agosto de 2018 Amazon bautizou dous avións co nome CustomAir Obsession, incluído o N1217A. O nome, pintado xusto detrás das fiestras da cabina de mando, facía referencia a "customer obsession", un dos principios de Amazon.[6] O aparello acumulaba máis de 90 000 horas de voo en 23 000 ciclos e estaba equipado con dous motores GE CF6-80.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Remains found after cargo jet with three aboard crashes in water near Houston". NBC News (en inglés). Consultado o 2019-03-11.
- ↑ Josephs, Leslie (2019-02-23). "Atlas Air Flight 3591: Cargo jet crashes near Houston with 3 aboard". www.cnbc.com. Consultado o 2019-03-11.
- ↑ "Atlas Air Confirms Family Assistance Established in Flight 3591 Accident". Atlas Air Worldwide (en inglés). 2019-02-24. Consultado o 2019-03-11.
- ↑ "Amazon Cargo Aircraft Crashes On Flight 3591". Aviation Blog (en inglés). 2019-02-25. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-03-11.
- ↑ "Tracking Amazon Prime Air’s fleet: aircraft from six continents and 35 airlines – Aeronautics Online" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-03-11.
- ↑ "Amazon's global career site". amazon.jobs (en inglés). Consultado o 2019-03-11.
- ↑ "FAA Registry - N1217A". registry.faa.gov. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-03-11.