Saltar ao contido

Voo 548 de Sabena

Voo 548 de Sabena
Boeing 707 de Sabena semellante
ao do accidente
Resumo
Data  15 de febreiro de 1961
Causa  perda de control debido
a un posible fallo mecánico
Lugar  preto de Bruxelas
Coordenadas 
Orixe  aeroporto internacional Idlewild
Destino  aeroporto de Bruxelas
Finados  73 (todos a bordo e 1 en terra)
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 707-329
Operador  Sabena
Rexistro  OO-SJB
Pasaxeiros  61
Tripulación  11
Superviventes  0

O voo 548 de Sabena foi un accidente dun Boeing 707 de Sabena, con rexistro OO-SJB, que se esnafrou na ruta entre Nova York e Bruxelas o 15 de febreiro de 1961, matando os 72 ocupantes do avión e 1 persoa en terra.[1] Entre os mortos estaba todo o equipo estadounidense de patinaxe que se dirixía ao campionato do mundo en Praga.[2][3] A pesar de facerse unha investigación, a causa precisa do accidente segue sendo un misterio; a explicación máis probable é que houbese un fallo no mecanismo de axuste do estabilizador de cola.[4]

O voo orixinouse no aeroporto internacional Idlewild (agora aeroporto internacional John F. Kennedy)[5] e estrelouse na aproximación ao aeroporto de Bruxelas. O accidente foi o primeiro con vítimas mortais dun Boeing 707 en servizo regular de pasaxeiros, 28 meses despois da súa entrada en servizo. Tamén é o peor accidente de aviación ocorrido en Bélxica.[4]

  1. "The Brussels Tragedy". Flight International. Consultado o 2018-12-07. 
  2. "Air Crash Fatal to 73 Is Probed – Jet's Plunge Kills Skaters". The Spokesman. Consultado o 2018-12-07. 
  3. "OTL: An enduring legacy for ice skating". ESPN.com (en inglés). Consultado o 7-12-2018. 
  4. 4,0 4,1 Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Boeing 707-329 OO-SJB Brussel-Zaventem Airport (BRU)". aviation-safety.net. Consultado o 2018-12-07. 
  5. "Jet Crash Wipes Out U.S. Skate Team". The Spokesman. Consultado o 2018-12-07.