Saltar ao contido

Voo 5960 de Swiftair

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 5960 de Swiftair
O avión accidentado
Resumo
Data  25 de novembro de 2024
Causa  baixo investigación
Lugar  Liepkalnis, preto do
aeroporto de Vilnius
Orixe  aeroporto de Leipzig/Halle
Destino  aeroporto de Vilnius
Finados  1
Feridos  3
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 737-476(SF)
Operador  Swiftair
Rexistro  EC-MFE
Tripulación  4
Superviventes  3

O voo 5960 de Swiftair (operando como voo 18D de European Air Transport Leipzig)[1] era un voo internacional de carga que se esnafrou a primeira hora da mañá do 25 de novembro de 2024 durante a aproximación final[2] ao aeroporto de Vilniust. O avión, que voaba dende o aeroporto de Leipzig/Halle en Leipzig, Alemaña, ata o de Vilnius en Lituania, chocou contra o chan preto da pista ao carón dunha casa de dous pisos en Liepkalnis. Un membro da tripulación morreu e os outros tres resultaron feridos. Ninguén en terra recibiu feridas de ningún tipo.[3][4][5]

O avión implicado era un Boeing 737-400SF de 31 anos de idade con rexistro EC-MFE. Estaba equipado con dou motores CFM International CFM56-3C1.[6] O aparello estaba operado pola aeroliña española Swiftair en nome de DHL.[2]

Accidente

[editar | editar a fonte]

O avión engalou do centro de conexións de DHL no aeroporto de Leipzig ás 02:08 UTC (03:08 local) do 25 de novembro. O accidente ocorreu ás 03:28 UTC (05:28 local) cando o aparello realizaba a aproximación final ao aeroporto de Vilnius. O aparello tocou terra pouco antes da pista, deslizándose e impactando contra unha casa de dous pisos no barrio de Liepkalnis, a uns 1,3 km ao norte do aeroporto e incendiouse afectando o lume á casa. Un dos dous pilotos, un cidadán hispano-francés, morreu no impacto, mentres que os outros tres tripulantes resultaron feridos.[5] Posteriormente foron identificados como cidadáns de España, Alemaña e Lituania.[7] O tripulante español resultou ferido de gravidade, mentres que os outros dous tiñan feridas menos graves.[8] O persoal de emerxencias atribuíu a súa supervivencia a que a cabina da aeronave quedou separada tras o impacto da fuselaxe, que se incendiou.[9] O piloto foi trasladado a España para ser atendido.[10]

Os 13 ocupantes da casa foron evacuados con seguridade.[11] Pecháronse varias estradas en Liepkalnis, mentres que as autoridades instaron á xente a non viaxar á zona.[9][2] Varios edificios e un coche tamén foron golpeados polo avión.[7]

  1. "Accident: Swift B734 near Vilnius on Nov 25th 2024, impacted building on final approach". The Aviation Herald. Consultado o 2025-01-03. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Lithuania plane crash: At least one dead and three injured near Vilnius". www.bbc.com (en inglés). Consultado o 2025-01-03. 
  3. "DHL plane crash in Lithuania leaves authorities searching for answers". Reuters (en inglés). Consultado o 2025-01-03. 
  4. "Lėktuvo katastrofa Vilniuje: žuvo Ispanijos pilietis, trys sužeisti, vienas jų – lietuvis". lrt.lt (en lituano). 2024-11-25. Consultado o 2025-01-03. 
  5. 5,0 5,1 "Vilniuje šalia namo nukrito krovininis DHL lėktuvas, žuvo Ispanijos pilietis". Delfi (en lituano). Consultado o 2025-01-03. 
  6. Ranter, Harro. "Accident Boeing 737-476 (SF) EC-MFE, Monday 25 November 2024". asn.flightsafety.org. Consultado o 2025-01-04. 
  7. 7,0 7,1 "Germany fears outside hand in deadly Lithuania jet crash". France 24 (en inglés). 2024-11-25. Consultado o 2025-01-04. 
  8. "Vitkauskas: nesama duomenų apie sprogimą lėktuvo viduje, jis nesileido avariniu būdu". lrt.lt (en lituano). 2024-11-25. Consultado o 2025-01-04. 
  9. 9,0 9,1 "Cargo plane crashes in Vilnius, one person killed". lrt.lt (en inglés). 2024-11-25. Consultado o 2025-01-04. 
  10. "Pilot injured in DHL plane crash in Vilnius moved to Spain for treatment". lrt.lt (en inglés). 2024-12-04. Consultado o 2025-01-04. 
  11. "Rastos Vilniuje nukritusio DHL krovininio lėktuvo juodosios dėžės". lrt.lt (en lituano). 2024-11-26. Consultado o 2025-01-04.