Voo 5 de Northwest Airlines
Voo 5 de Northwest Airlines | |
---|---|
Boeing 727 semellante ao do incidente
| |
Resumo | |
Data | 4 de xaneiro de 1990 |
Causa | fallo dun motor |
Lugar | preto de Madison, Florida |
Coordenadas | |
Orixe | aeroporto de Miami |
Destino | Minneapolis/Saint Paul |
Finados | 0 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Boeing 727-251 |
Operador | Northwest Airlines |
Rexistro | N280US |
Pasaxeiros | 139 |
Tripulación | 6 |
Superviventes | 145 |
O voo 5 de Northwest Airlines era un servido dende o aeroporto de Miami ata o aeroporto de Minneapolis/Saint Paul que o día 4 de xaneiro de 1990 sufriu a perda do motor número 3 (o de estribor) a 35 000 pés (11 000 m) sobre Madison, Florida.[1]
O Boeing 727-251, operado por Northwest Airlines, engalou de Miami ás 08:15 EST da mañá do 4 de xaneiro de 1990. Sobre unha hora despois, ao redor das 09:10 EST, os pilotos informaron ter escoitado un forte golpe na parte traseira do avión.[1] O avión de 14 anos continuou voando normalmente e a tripulación, sen saber que un motor caera,[2] realizando con seguridade unha aterraxe de emerxencia case 50 minutos máis tarde no aeroporto de Tampa ás 09:58 EST.[3] O motor, un Pratt & Whitney JT8D-15, foi atopado un día despois nun campo preto de Madison, Florida.[3]
Despois da aterraxe, os equipos de inspección atoparon que faltaba o selo externo do baño dianteiro que probablemente se instalara incorrectamente, causando unha fuga cando o avión estaba presurizado. O selo ausente provocou que o motor 3 inxerise anacos conxelados do fluído do baño, danando así as láminas do compresor.[4] Tras o fallo o motor separouse do avión, como estaba deseñado.[1]
A Xunta Nacional de Seguridade no Transporte (NTSB) determinou que a causa probable do incidente foi "o fallo do persoal da compañía para prestar o servizo axeitado ao baño dianteiro do avión".[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Weiner, Eric (1990-01-05). "Jet Lands After an Engine Drops Off". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2018-12-29.
- ↑ "Northwest Airlines Flight 5" (en inglés). 2018-10-02.
- ↑ 3,0 3,1 Orsi, Jennifer (6 de xaneiro de 1990). "Engine that fell from airliner found in Madison County". St. Petersburg Times
- ↑ 4,0 4,1 "MIA90IA047". www.ntsb.gov. Consultado o 2018-12-30.