Saltar ao contido

Voo 618 de Linjeflyg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 618 de Linjeflyg
Un Vickers Viscount semellante ao do accidente
Resumo
Data  15 de xaneiro de 1977
Causa  xeo atmosférico
Lugar  Kälvesta, Estocolmo
Coordenadas 
Finados  22 (todos)
Aeronave
Tipo de aeronave Vickers 838 Viscount
Operador  Skyline, operando para Linjeflyg
Rexistro  SE-FOZ
Pasaxeiros  19
Tripulación  3
Superviventes  0

O voo 618 de Linjeflyg foi un accidente dun Vickers 838 Viscount durante a aproximación ao aeroporto de Estocolmo-Bromma ás 09:05 do 15 de xaneiro de 1977. As 22 persoas a bordo do aparello morreron cando este se estrelou en Kälvesta, a 3 km do aeroporto de Bromma. O servizo doméstico dende Malmö, con escalas en Kristianstad, Växjö e Jönköping, estaba operado por Skyline no nome de Linjeflyg. O accidente foi causado pola formación de xeo atmosférico no estabilizador horizontal. A baixa potencia en dous dos motores causara que se reducisen as funcións do sistema de protección contra o xeo, causando unha acumulación do mesmo. A formación do xeo causou unha perda de control de inclinación e o avión caeu en picado. Entre os mortos estaba o tenista sueco Hans Alsér.