Voo 626 de Yemenia
Voo 626 de Yemenia | |
---|---|
O avión accidentado en 2005
| |
Resumo | |
Data | 30 de xuño de 2009 |
Causa | entrada en perda na aproximación por erro do piloto |
Lugar | océano Índico, preto de Comores |
Coordenadas | |
Orixe | aeroporto de Saná |
Destino | aeroporto Príncipe Said Ibrahim |
Finados | 152 |
Feridos | 1 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Airbus A310-324 |
Operador | Yemenia |
Rexistro | 7O-ADJ |
Pasaxeiros | 142 |
Tripulación | 11 |
Superviventes | 1 |
O voo 626 de Yemenia era un reactor bimotor Airbus A310-324, operado por Yemenia, que realizaba un servizo regular entre Sana'a, Iemen, e Moroni, Comores. O día 30 de xuño de 2009 ao redor das 1:50 AM hora local, mentres se aproximaba ao aeroporto internacional Príncipe Said Ibrahim, o avión esnafrouse matando a 153 dos 154 ocupantes.[1][2] A única supervevinte, unha rapaza de 14 anos chamada Bahia Bakari, foi atopada agarrada a restos do avión tras flotar no océano durante trece horas.[3][4] Bakari foi dada de alta do hospital o día 23 de xullo.[5]
O informe final do accidente conclue que as inapropiadas accións dos pilotos conduciron a unha perda aerodinámica. O informe tamén destaca que a tripulación non reaccionou ás advertencias emitidas pola aeronave.[6]
Avión
[editar | editar a fonte]O aparello era un Airbus A310-324, con rexistro 7O-ADJ, fabricado en 1990 co número de serie 535. No momento do accidente levaba en servizo 19 anos e 3 meses e acumulaba 53 587 horas de voo en 18 129 ciclos.[1]
O avión era propiedade de International Lease Finance Corporation (ILFC) e entrou en servizo coa aeroliña Air Liberté o 30 de maio de 1990. Tras ser alugado a distintos operadores comezou a voar con Yemenia en setembro de 1999 co rexistro 7O-ADJ, permanecendo nesa compañía ata o accidente.[7][8]
Dominique Bussereau, o ministro francés de transportes, informou de que o avión fora inspeccionado en 2007 pola Dirección Xeral de Aviación Civil francesa e se lle atoparan múltiples fallos; porén, dende entón o aparello non regresou a Francia, polo que nunca volveu ser inspeccionado pola mesma autoridade.[2][9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Official: Teen Girl, 14, Found Alive After Indian Ocean Jet Crash - FOXNews.com". web.archive.org. 2009-07-04. Archived from the original on 04 de xullo de 2009. Consultado o 2021-11-24.
- ↑ 2,0 2,1 "Yemen jet crashes in Indian Ocean" (en inglés). 2009-06-30. Consultado o 2021-11-24.
- ↑ "Girl survives Yemen plane crash" (en inglés). 2009-07-01. Consultado o 2021-11-25.
- ↑ "Bahia Bakari: Teen Survivor Of Comoros Crash A "True Miracle"". web.archive.org. 2009-07-04. Archived from the original on 04 de xullo de 2009. Consultado o 2021-11-25.
- ↑ "Yemenia crash survivor goes home" (en inglés). 2009-07-23. Consultado o 2021-11-25.
- ↑ "Informe final do accidente" (PDF). bea.aero. Consultado o 25 de novembro de 2021.
- ↑ "7O-ADJ Yemenia - Yemen Airways Airbus A310-324 - cn 535 - Planespotters.net Just Aviation". web.archive.org. 2011-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2011. Consultado o 2021-11-25.
- ↑ "Yemenia 7O-ADJ (Airbus A310 - MSN 535) (Ex F-GHEJ N535KR PP-PSE VP-BQU VR-BQU )". www.airfleets.net. Consultado o 2021-11-25.
- ↑ "France charges Yemenia Airways over deadly 2009 crash - BBC News". web.archive.org. 2017-08-12. Archived from the original on 12 de agosto de 2017. Consultado o 2021-11-25.