Voo 629 de United Airlines
Voo 629 de United Airlines | |
---|---|
DC-6 semellante ao do accidente
| |
Resumo | |
Data | 1 de novembro de 1955 |
Causa | bomba |
Lugar | Longmont, Colorado |
Coordenadas | |
Finados | 44 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Douglas DC-6B |
Operador | United Airlines |
Rexistro | N37559 |
Pasaxeiros | 39 |
Tripulación | 5 |
Superviventes | 0 |
O voo 629 de United Airlines foi un Douglas DC-6B, con rexistro N37559 e bautizado como Mainliner Denver, que foi voado cunha bomba de dinamita situada na equipaxe facturada o día 1 de novembro de 1955. O estoupido ocorreu sobre Longmont, Colorado ao redor das 7:03 p.m. hora local,[1] mentres o aparello estaba en ruta dende Denver, Colorado, cara Portland, Oregón, e Seattle, Washington. Os 39 pasaxeiros e 5 tripulantes a bordo morreron no estoupido e accidente.[1][2]
Os investigadores determinaron que Jack Gilbert Graham foi o responsable de poñer a bomba para matar a súa nai como vinganza pola súa infancia e para cobrar un suculento seguro de vida.[2][3] Tras 15 meses, Graham, que xa tiña un amplo historial criminal, foi xulgado, condenado e executado polo crime.[2]