Voo 661 de Pakistan International Airlines
Voo 661 de Pakistan International Airlines | |
---|---|
O avión do accidente en 2011
| |
Resumo | |
Data | 7 de decembro de 2016 |
Causa | fallo de motor |
Lugar | preto de Havelian, Paquistán |
Coordenadas | |
Orixe | aeroporto de Chitral |
Destino | aeroporto Benazir Bhutto |
Finados | 47 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | ATR 42-500 |
Operador | Pakistan International Airlines |
Rexistro | AP-BHO |
Pasaxeiros | 42 |
Tripulación | 5 |
Superviventes | 0 |
O voo 661 de Pakistan International Airlines era un servizo doméstico de pasaxeiros dende Chitral ata Islamabad, en Paquistán. O día 7 de decembro de 2016 o ATR 42-500 que operaba a ruta esnafrouse preto de Havelian.[1][2][3] As 47 persoas a bordo morreron, entre as que estaban o cantante, predicador e empresario Junaid Jamshed,[4] e o Comisionado Adxunto do Distrito de Chitral.[5]
Avión
[editar | editar a fonte]O avión implicado no accidente era un ATR 42-500, con número de serie 663 e rexistro AP-BHO, entregado a Pakistan International Airlines (PIA) en 2007.[6] En 2009 o aparello resultou danado durante un intento de aterraxe en Lahore, pero posteriormente foi reparado e regresou ao servizo.[7] En 2014 tivo un fallo dun motor, que foi substituído sen que se informase de novos problemas.[8] No momento do accidente o aparello tiña máis de 18 700 horas de voo dende que se unise á frota de PIA e realizóuselle a última certificación en outubro de 2016.[2]
Accidente
[editar | editar a fonte]O aparello deixou o aeroporto de Chitral ás 3:30 PST e tiña que aterrar no aeroporto Benazir Bhutto de Islamabad ao redor das 4:40.[3] Antes do accidente a tripulación realizou unha chamada de mayday.[9] O avión esnafrouse ao redor das 4:15 quedando os restos en chamas na ladeira dun outeiro entre as vilas de Saddha Batolni e Gug, preto das fábricas de armas de Paquistán en Havelian, na provincia Khyber Pakhtunkhwa, a uns 90 km do aeroporto. Os restos quedaron espallados nunha área duns 2 quilómetros.[10] Segundo unha testemuña, Mohammad Haroon, o avión voaba a moi baixa altura e fixo un ruído agudo, voando de forma errática, de arriba a abaixo, antes de esnafrarse contra o outeiro. "Houbo un gran bang despois de que o avión golpease o lado da montaña e se incendiase".[11]
Foron transmitidos avisos por mesquitas locais para mobilizar a habitantes das vilas, que se apresuraron ao lugar para buscar sobreviventes pero non puideron achegarse debido á calor do incendio.[11] Persoal e helicópteros do exército tamén foron enviados á zona para as operacións de busca e rescate. Taj Muhammad Khan, un funcionario do goberno, dixo que os corpos quedaron queimados máis aló do recoñecemento.[3] Os restos foron levados por aire a laboratorios forenses en Islamabad e Rawalpindi para realizar probas de ADN que axudasen na identificación.[10]
Este foi o sétimo incidente co resultado da perda dun avión de PIA dende o ano 2000. Dos seis anteriores, un tivo vítimas mortais; o voo 688 de PIA en 2006, no cal morreron 45 persoas.[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "No survivors in Pakistan plane crash". BBC News (en inglés). 2016-12-07. Consultado o 2018-12-25.
- ↑ 2,0 2,1 "Pakistan mourns 47 killed in air crash, as investigators seek answers". Reuters (en inglés). 2016-12-08. Consultado o 2018-12-25.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "PIA flight #PK661 crashes, 'bodies burned beyond recognition' (VIDEOS, PHOTOS)". www.rt.com. Consultado o 2018-12-25.
- ↑ "PIA Crash: All 47 Aboard Reported Dead, Blackbox Recovered". The Quint (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 2018-12-25.
- ↑ "PIA plane crash: All 47 on board killed; Pakistani pop star among victims". CNN. Consultado o 2018-12-25.
- ↑ "PIA AT42 near Havelian on Dec 7th 2016, engine failure". The Aviation Herald. Consultado o 2018-12-25.
- ↑ "Pakistan International Airlines AP-BHO (ATR 42/72 - MSN 663) | Airfleets aviation". www.airfleets.net. Consultado o 2018-12-25.
- ↑ Asghar, Mohammad (2016-12-09). "Initial report says PK-661’s left engine malfunctioned". DAWN.COM (en inglés). Consultado o 2018-12-25.
- ↑ "PIA plane crashes near Abbottabad, all 47 people on board killed". The News. Consultado o 2018-12-26.
- ↑ 10,0 10,1 "Pakistan opens probe into deadly plane crash that killed 47 - 12/8/2016 6:52:36 AM | Newser". web.archive.org. 2016-12-08. Archived from the original on 08/12/2016. Consultado o 2018-12-26.
- ↑ 11,0 11,1 Zaheeruddin, Rashid Javed | Manzoor Ali | (2016-12-08). "Nation in grief over airliner tragedy". DAWN.COM (en inglés). Consultado o 2018-12-26.
- ↑ Waldron, Greg (2016-12-08). "ATR crash is PIA's tenth hull loss since 2000". Flightglobal.com (en inglés). Consultado o 2018-12-26. Carácter espazo nulo en
|título=
na posición 1 (Axuda)