Saltar ao contido

Voo 701 de Ariana Afghan Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 701 de Ariana Afghan Airlines
Boeing 727 semellante ao do accidente
Resumo
Data  5 de xaneiro de 1969
Causa  voo controlado contra o terreo
Lugar  Fernhill, Surrey
Coordenadas 
Orixe  aeroporto de Cabul
Derradeira escala  aeroporto de Frankfurt
Destino  Londres-Gatwick
Finados  50 (2 en terra)
Feridos  15 (1 en terra)
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 727
Operador  Ariana Afghan Airlines
Rexistro  YA-FAR
Pasaxeiros  54
Tripulación  8
Superviventes  14

O voo 701 de Ariana Afghan Airlines era un voo que tivo un accidente fatal o día 5 de xaneiro de 1969, cando un Boeing 727 con 62 persoas a bordo[1] se esnafrou contra unha casa na súa aproximación ao aeroporto de Londres-Gatwick entre unha densa néboa. Debido a un erro do piloto non se estenderon os flaps para manter o voo a velocidade de aproximación final.

Ás 01:35 GMT do domingo cando a área de Gatwick estaba afectada por parches de densa néboa de conxelación, o Boeing 727 con rexistro YA-FAR (o único dese tipo na frota da compañía) descendeu por debaixo da súa senda cando se aproximaba ao aeroporto polo leste. Cando pasou sobre a aldea de Fernhill na fronteira entre Surrey e Sussex, golpeou árbores e tellados, comezou a rolar e esnafrouse nun campo ao sur de Fernhill Lane, a 2,4 km da pista de aterraxe. Chocou contra unha gran casa, demoléndoa e incendiándose.[2]

48 pasaxeiros e tripulantes morreron, ademais de dous adultos que ocupaban a casa cando foi esnaquizada polo impacto. Un bebé na casa sobreviviu con feridas leves. O capitán, o primeiro oficial, o enxeñeiro de voo e once pasaxeiros tamén sobreviviron.

O Boeing 727 tiña menos dun ano no momento do accidente e era o único dese tipo de Ariana.[3] O YA-FAR foi construído en febreiro de 1968 e recibiu o seu certificado de aeronavegabilidade estadounidense o 25 de marzo. O 29 de abril conseguiu o rexistro en Afganistán, e ese país emitiu o seu propio certificado de aeronavegabilidade o 14 de maio. No momento do accidente o avión tiña 1 715 horas de voo.[4]

Os investigadores do accidente da Comisión de Comercio levaron os restos a un hangar do aeroporto de Farnborough para a súa análise.[5] Tamén estiveron involucrados na investigación funcionarios dos Estados Unidos e Afganistán. O 17 de xaneiro de 1969 publicouse unha declaración preliminar,[6] e o informe completo apareceu en xuño de 1970.[7]

  1. Kelly 1970
  2. "Surrey Constabulary: Part 3: Policing Change: 1951-1975". www.open.ac.uk. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2014. Consultado o 2018-12-11. 
  3. Bird, Philip; Moore, Joe; Mulcock, John (6 de xaneiro de 1969). "How horror came from the sky at 2.35 am". Evening Argus. Brighton. p. 12
  4. Kelly 1970, §1.6
  5. Bird, Philip; Moore, Joe; Mulcock, John (6 de xaneiro de 1969). "Heartbreak day for air crash families". Evening Argus. Brighton. p. 1
  6. "Ariana Accident: First Findings". Flight International. Consultado o 2019-1-5. 
  7. Kelly 1970, §3

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]