Voo 711 de American Airlines
Voo 711 de American Airlines | |
---|---|
CV-240 semellante ao do accidente
| |
Resumo | |
Data | 20 de marzo de 1955 |
Causa | erro do piloto |
Lugar | a 0,25 millas do aeroporto de Springfield-Branson |
Coordenadas | |
Finados | 13 |
Feridos | 22 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Convair CV-240-0 |
Operador | American Airlines |
Rexistro | N94234 |
Pasaxeiros | 32 |
Tripulación | 3 |
Superviventes | 22 |
O voo 711 de American Airlines era un servizo regular dende Newark, Nova Jersey ata Tulsa, Oklahoma, con varias escalas no medio, sendo Springfield, Missouri unha delas.[1] O día 20 de marzo de 1955 o avión que operaba a ruta, un Convair CV-240-0 con rexistro N94234, esnafrouse nun campo de lama na aproximación ao aeroporto rexional de Springfield-Branson, preto de Springfield, matando a 13 das 35 persoas a bordo (11 pasaxeiros e 2 tripulantes), e ferindo aos 22 restantes.[2] Dos tres tripulantes só sobreviviu o piloto.[3]
O piloto do voo, Jack Pripesh, sufriu feridas considerables, incluída a perda do ollo dereito, e quedou en coma despois do accidente. Case dúas semanas despois do sinistro, Pripesh díxolle a xornalistas que non podía lembrar nada del.[2]
Os descubrimentos sobre o accidente foron publicados pola Xunta de Aeronáutica Civil o 22 de setembro de 1955.[4] A xunta determinou que non se realizou unha aproximación completamente instrumental a Springfield-Branson, como debería ser en base ás pobres condicións meteorolóxicas do momento. As probas demostraron que a tripulación non parecía ter coñecemento da altitude da aeronave e que estaban descendendo. A xunta creu que foi probable que "os pilotos estaban centrándo a súa atención nas luces do aeroporto en vez de ver para os seus instrumentos".[4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The Indianapolis Star, 21 de marzo de 1955
- ↑ 2,0 2,1 The Chillicothe Constitution-Tribune, 2 de abril de 1955
- ↑ The Neosho Daily News, 21 de marzo de 1955
- ↑ 4,0 4,1 The Waco News-Tribune, 23 de setembro de 1955
- ↑ Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Convair CV-240-0 N94234 Springfield Municipal Airport, MO (SGF)". aviation-safety.net. Consultado o 2018-12-23.