Voo 7908 de Caspian Airlines
Aparencia
Voo 7908 de Caspian Airlines | |
---|---|
O avión do accidente en 2008
| |
Resumo | |
Data | 15 de xullo de 2009 |
Causa | impacto cun paxaro |
Lugar | preto de Qazvin, Irán |
Coordenadas | |
Orixe | aeroporto Imán Khomeini |
Destino | aeroporto de Zvartnots |
Finados | 168 (todos) |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Tupolev Tu-154 |
Operador | Caspian Airlines |
Rexistro | EP-CPG |
Pasaxeiros | 153 |
Tripulación | 15 |
Superviventes | 0 |
O voo 7908 de Caspian Airlines era un voo regular comercial dende Teherán, Irán, e Iereván, Armenia. O día 15 de xullo de 2009 o Tupolev Tu-154 que operaba a ruta esnafrouse preto da vila de Jannatabad, nas aforas da cidade de Qazvin, Irán.[1] Os 153 pasaxeiros e 15 tripulantes a bordo morreron.[2][3]
Foi o peor accidente de aviación en Irán dende o accidente en 2003 dun Ilyushin Il-76 militar, no cal morreron 275 persoas (aínda que algunhas fontes falan de 302 mortos).[3] Foi o segundo accidente con máis vítimas en 2009 tras o voo 447 de Air France.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Islamic Republic News Agency :: URGENT: Plane crashes northwest Tehran". web.archive.org. 2009-07-20. Archived from the original on 20 de xullo de 2009. Consultado o 2018-12-26.
- ↑ "Scores killed in Iran plane crash" (en inglés). 2009-07-15. Consultado o 2018-12-26.
- ↑ 3,0 3,1 "Iranian plane crashes into field, killing all 168 - Yahoo! News". web.archive.org. 2009-07-18. Archived from the original on 18 de xullo de 2009. Consultado o 2018-12-26.