Voo 8261 de Binter Mediterráneo
Voo 8261 de Binter Mediterráneo | |
---|---|
![]() Un CN-235 semellante ao do accidente
| |
Resumo | |
Data | 29 de agosto de 2001 |
Causa | erro do copiloto |
Lugar | Málaga |
Coordenadas | |
Finados | 4 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | CASA CN-235 |
Operador | Binter Mediterráneo |
Rexistro | EC-FBC |
Pasaxeiros | 44 |
Tripulación | 3 |
Superviventes | 43 |
O voo 8261 de Binter Mediterráneo foi un accidente de aviación ocorrido o día 29 de agosto de 2001 cando o CASA CN-235 que operaba o voo se esnafrou ao lado da estrada N-340, a uns 200 metros do limiar da pista 32 do aeroporto de Málaga. Durante a aproximación, o capitán informara o control de tráfico aéreo de Málaga dun lume no motor de babor. O incendio resultou ser unha falsa alarma pero, nos procedementos de emerxencia que seguiron, o primeiro oficial sen querer apagou os dous motores do avión. O aparello descendeu, golpeando as luces de aproximación do aeroporto e parando preto da estrada N-340.
Catro das 44 persoas a bordo morreron, incluído o capitán.[1] O aparello foi despezado.[2]
Accidente
[editar | editar a fonte]O voo 8261 de Binter Mediterráneo engalou do aeroporto de Melilla ás 09:37 CEST do 29 de agosto de 2001 con 47 persoas a bordo, 44 pasaxeiros e 3 tripulantes.[3] O tempo era bo.
Durante a aproximación á pista 32 de Málaga, unha luz de advertencia na cabina de mando indicou un lume no motor de babor.[2][3] De feito era unha falsa alarma, posiblemente causada por humidade e/ou sucidade na circuitería, aínda que a tripulación non o sabía.[3] O capitán continuou a aproximación, mentres o copiloto seguiu o procedemento de emerxencia para un incendio no motor. No proceso, o copiloto activou por erro os extintores do motor dereito ademais dos do esquerdo, facendo que os dous motores se parasen.[2][3] O avión aterrou a uns 500 metros antes do limiar da pista e parou ao chocar contra o terraplén sobre o que se atopa a autovía N-340.[3] O piloto non comunicou ningunha información sobre a emerxencia á cabina de pasaxeiros, polo que os pasaxeiros non estaban preparados para o impacto.[3]
Tres pasaxeiros morreron no choque, e o piloto morreu no hospital horas máis tarde.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Accident of a CASA 235-200 operated by Binter Mediterraneo - Malaga, Spain". 1001crash.com (en inglés). Consultado o 2018-12-10.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident CASA CN-235-200 EC-FBC Málaga Airport (AGP)". aviation-safety.net. Consultado o 2018-12-10.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 "Informe do accidente" (PDF). CIAIAC. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xuño de 2012. Consultado o 2019-1-5.