Voo 845/26 de Pan Am
Voo 845/26 de Pan Am | |
---|---|
Stratocruiser semellante ao do accidente
| |
Resumo | |
Data | 26 de marzo de 1955 |
Causa | separación dun motor |
Lugar | océano Pacífico |
Coordenadas | |
Orixe | aeroporto de Seattle-Tacoma |
Destino | Sydney, Australia |
Finados | 4 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Boeing 377 Stratocruiser |
Operador | Pan Am |
Rexistro | N1032V |
Pasaxeiros | 15 |
Tripulación | 8 |
Superviventes | 19 |
O voo 845/26 de Pan Am era un servizo entre o aeroporto de Seattle-Tacoma e Sydney, Australia, con escalas en Portland e Honolulu. O día 26 de marzo de 1955 o Boeing 377 Stratocruiser que operaba a segunda parte do voo, chamado Clipper United States e con rexistro N1032V, perdeu o motor número 3 en voo a uns 56 km da costa de Oregón causando a perda de control. O avión tivo que amarar no océano Pacífico.
O avión flotou durante vinte minutos antes de afundirse a 1 600 metros de profundidade. Unhas dúas horas despois de que o avión amarase, o transporte de ataque da Armada dos Estados Unidos USS Bayfield (APA-33) chegou ao lugar e rescatou os 19 superviventes. Catro persoas morreron no accidente.[1]
A causa probable probable foi o fallo da hélice do motor 3 que causou que o motor se soltase e o aparello se volvese incontrolable.
A experiencia axudou a evitar vítimas mortais noutra amaraxe no ano seguinte, cando o voo 6 de Pan Am amarou entre Honolulu e San Francisco.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "March 26, 1955: Pan Am Flight 845/26 Crashes Off Oregon Coast". Dave Knows Portland (en inglés). 2011-03-26. Consultado o 2019-01-08.