Voo 954 de Olympic Airways
Voo 954 de Olympic Airways | |
---|---|
![]() Douglas DC-6 semellante ao do accidente
| |
Resumo | |
Data | 8 de decembro de 1969 |
Causa | voo controlado contra o terreo |
Lugar | preto de Keratea, Grecia |
Coordenadas | |
Orixe | aeroporto de Chania |
Destino | aeroporto de Ellinikon |
Finados | 90 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Douglas DC-6B |
Operador | Olympic Airways |
Rexistro | SX-DAE |
Pasaxeiros | 85 |
Tripulación | 5 |
Superviventes | 0 |
O voo 954 de Olympic Airways foi un Douglas DC-6B que se esnafrou contra unha montaña preto de Keratea, en Grecia o día 8 de decembro de 1969. Os 85 pasaxeiros e 5 tripulantes a bordo morreron no accidente.
Accidente
[editar | editar a fonte]O voo era un servizo regular de pasaxeiros entre Chania, na illa de Creta, e Atenas. Mentres se aproximaba a Atenas e co seu tren de aterraxe retraído, o avión chocou contra o monte Paneio a uns 2 000 pés de altura. O tempo no momento do accidente caracterizábase pola chuvia e os fortes ventos.
O accidente do voo 954 foi o peor accidente de Grecia no momento no que ocorreu, un récord que mantivo ata o accidente do voo 522 de Helios Airways Flight case 36 anos despois. Segue sendo o peor accidente dun Douglas DC-6,[1] e o peor na historia de Olympic Airways.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Douglas DC-6B SX-DAE Athens". aviation-safety.net. Consultado o 2018-12-11.