Voo 992 de Dana Air
Voo 992 de Dana Air | |
---|---|
![]() O avión do accidente en 2009
| |
Resumo | |
Data | 3 de xuño de 2012 |
Causa | fallo de motor |
Lugar | Lagos, Nixeria |
Coordenadas | |
Orixe | aeroporto Nnamdi Azikiwe |
Destino | aeroporto Murtala Muhammed |
Finados | 163 (10 en terra) |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | McDonnell Douglas MD-83 |
Operador | Dana Air |
Rexistro | 5N-RAM |
Pasaxeiros | 147 |
Tripulación | 6 |
Superviventes | 0 |
O voo 992 de Dana Air era un servizo doméstico regular de pasaxeiros entre Abuja e Lagos, en Nixeria. O domingo 3 de xuño de 2012 o McDonnell Douglas MD-83 que operaba a ruta esnafrouse contra unha fábrica de mobles e unha imprenta na veciñanza de Iju-Ishaga de Lagos.[1] O accidente matou os 153 ocupantes do avión e 10 persoas en terra. É o peor accidente de aviación dun McDonnell Douglas MD-83, ademais de ser o segundo con máis vítimas mortais da serie MD-80, tras o voo 1308 de Inex-Adria Aviopromet. Tamén é o segundo peor accidente de avión en Nixeria, despois do desastre aéreo de Kano de 1973.
Avión
[editar | editar a fonte]O aparello era un bimotor McDonnell Douglas MD-83, con rexistro nixeriano 5N-RAM, fabricado en 1990 e usado por Alaska Airlines ata 2007. Foi vendido a outra aeroliña antes de ser mercado por Dana Air en febreiro de 2009.[2][3] O avión acumulara máis de 60 800 horas de voo dende a súa fabricación.[4] Os seus motores tiñan unhas 55 300 e 26 000 horas antes do accidente. O derradeiro mantemento fora realizado o 1 de xuño, dous días antes de esnafrarse.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Rains Slow Search in Nigeria Plane Crash - TIME". web.archive.org. 2012-06-05. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2012. Consultado o 2018-12-20.
- ↑ "Nigeria: Tears As Relations Of Crash Victims Storm Airport | General News | Peacefmonline.com". web.archive.org. 2012-06-07. Archived from the original on 07 de xuño de 2012. Consultado o 2019-01-16.
- ↑ "FAA Registry - N944AS". registry.faa.gov. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-01-16.
- ↑ 4,0 4,1 "Informe actualizado" (PDF). AIB. Consultado o 2019-1-16.