WASP
WASP é o acrónimo en inglés para "Branco, Anglosaxón e Protestante" (White, Anglo-Saxon and Protestant). Tamén se traduce como "Branco, Americano, Sudista e Protestante" (White, American, Southern and Protestant).
Xurdiu no inicio do século XX tendo como base o combate contra as etnias, nacionalidades e relixións alleas. Inicialmente combatían aos negros e calquera aspecto relacionado con eles (principalmente a música, jazz e blues, que comezaba proliferar en discos e radios), mais logo volveron os seus ideais contra outros grupos: os italianos, aducindo que bebían demais, creándose a Lei seca na década de 20; os irlandeses, por toleraren aos italianos e tamén pola cuestión do alcoholismo; e os xudeus, por comezaren a dominar a estrutura bancaria do país a través dos empréstitos de diñeiro.
A cultura WASP focalízase nos chamados valores tradicionais e está fortemente baseada nunha relixiosidade inflexíbel e visións "tradicionais" da sociedade en todas as súas vertentes, desde a familia e sexualidade aos papeis home/muller en xeral.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |