Wael Al-Dahdouh
Nome orixinal | (ar) وائل الدحدوح |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (ar) وائل حمدان إبراهيم الدحدوح 30 de abril de 1970 (54 anos) Gaza, Estado de Palestina |
Residencia | Qatar |
Relixión | Islam |
Educación | Al-Quds University (en) - planeamento regional (pt) (–2007) Universidade Islámica de Gaza - xornalismo (–1998) |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, reporteiro |
Empregador | Al Jazeera (2004–) Al Arabiya (pt) (2003–2004) SAHAR English TV (en) (2000–2003) Al-Quds (en) Voice of Palestine (en) Al Jazeera Media Network (pt) |
Familia | |
Fillos | Hamza al-Dahdouh |
Cronoloxía | |
25 de outubro de 2023 | Dahdouh family massacre (en) |
7 de outubro de 2023-valor descoñecido | Conflito israelí-palestino de 2023 |
Wael Al-Dahdouh (árabe: وائل الدحدوح), nado en Gaza o 30 de abril de 1970, é un xornalista palestino e o xefe de axencia de Al Jazeera na cidade de Gaza.[1][2] A súa carreira, que comezou en 1998, tamén abarcou traballar no xornal Al-Quds, actuando como correspondente da Voz de Palestina, na Segunda Intifada contra a ocupación israelí, e como correspondente de Al Arabiya, traballando con Al-Jazeera a partir de 2004.
A súa muller, a súa filla de sete anos e o fillo de quince morreron nun ataque aéreo israelí contra o campo de refuxiados de Nuseirat durante o conflito israelí-palestino de 2023, ademais de oito dos seus familiares. O 15 de decembro de 2023, mentres Al-Dahdouh e o seu compañeiro de cámara Samer Abu Daqqa cubrían o ataque aéreo da Escola de Haifa en Khan Yunis, foron alcanzados por un mísil israelí, ferindo a Dahdouh e deixando grave ao seu colega Abu Daqqa. Malia a morte de moitos familiares e das súas feridas, volveu axiña a informar sobre a guerra despois de ambos os incidentes.[3][4][5] O seu fillo, o xornalista Hamza al-Dahdouh, foi asasinado nun bombardeo israelí en Khan Younis o 7 de xaneiro de 2024,[6] e dous dos seus sobriños foron asasinados nun bombardeo o día seguinte.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Al Jazeera Gaza office destroyed". Arquivado dende o orixinal o 2021-06-28. Consultado o 2021-06-28.
- ↑ "وائل الدحدوح". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2021. Consultado o 28 de xuño de 2021.
- ↑ "Two Al Jazeera journalists wounded in Israeli attack in southern Gaza". Al Jazeera (en inglés). 15 de decembro de 2023. Consultado o 2023-12-15.
- ↑ "Al Jazeera's Wael al-Dahdouh injured in Israeli Gaza strike". The New Arab (en inglés). 2023-12-15. Consultado o 2023-12-15.
- ↑ "Two Al Jazeera journalists wounded in Gaza missile strike - reporter". Reuters. 15 de decembro de 2023. Consultado o 15 de decembro de 2023.
- ↑ "War on Gaza: Son of Al Jazeera's Gaza bureau chief killed by Israeli air strike". Middle East Eye. 2024-01-07. Consultado o 2024-01-07.
- ↑ "Israeli strike kills Al Jazeera journalist's nephews". Dawn. 2024-01-09. Consultado o 2024-01-09.