Wajdi Mouawad
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de outubro de 1968 (56 anos) Dair al-Qamar, Líbano |
Educación | Escola Nacional de Teatro do Canadá |
Actividade | |
Ocupación | actor, director de cinema, guionista, escritor, dramaturgo, director |
Premios | |
Sitio web | wajdimouawad.fr |
Wajdi Mouawad (en árabe: وجدي معوض), nado en Beirut o 16 de outubro de 1968, é un escritor, actor e director de teatro canadense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no seo dunha familia libanesa cristiá-maronita. Os seus pais fuxiron do Líbano a París, Francia, en 1977 por mor dos conflitos civís que arrasaron o país até a década de 1990. Cinco anos máis tarde, en 1983, estabelecéronse no Quebec. Diplomouse en 1991 pola Escola Nacional de Teatro do Canadá. De 2000 a 2004, dirixiu o Teatro de Quat'Sous de Montreal e, en 2005, fundou as compañías de creación "Au carré de l'hypoténuse", en Francia, e "Abé carré cé carré" en Montreal con Emmanuel Schwartz.
Alcanzou renome internacional tralo éxito da súa tetraloxía Le sang des promesses (Forêts, Littoral, Incendies, Ciels), escrita e dirixida por el.
En 2009, foi o artista asociado do Festival de Avignon e recibiu o Gran premio do teatro da Academia francesa polo conxunto da súa obra dramática. De 2007 a 2012 foi director artístico do Teatro Francés do National Arts Center (NAC) (en inglés) ou Centre National des Arts (CNA) (en francés) de Otava.[1] Naqueles anos, foi asociado do Espace Malraux de Chambéry (Francia) coa súa compañía francesa, Au carré de l’hypoténuse, creada en 2005 á vez que a súa compañía quebequesa, Abé Carré Cé Carré. Foi artista asociado do teatro Le Grand T de Nantes (Francia) a partir de 2012, e dende abril de 2016 é o director do teatro nacional da Colline, en París.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Canada's National Arts Center, Media Zone, 19 de abril de 2011. Acceso 10-12-2013 (en inglés).
- ↑ Pour Wajdi Mouawad, l’exil s’arrête à Paris, Brigitte Salino, Le Monde, 6 de abril de 2016. Consultado o 2 de xullo de 2017.