Wakako Tsuchida
(2014) | |
Nome orixinal | (ja) 土田和歌子 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 15 de outubro de 1974 (50 anos) Toquio, Xapón |
Altura | 160 cm |
Actividade | |
Ocupación | atleta |
Nacionalidade deportiva | Xapón |
Deporte | atletismo |
Participou en | |
setembro de 2004 | Jogos Paralímpicos de Verão de 2004 (pt) |
outubro de 2000 | Jogos Paralímpicos de Verão de 2000 (pt) |
2000 | Xogos Olímpicos de 2000 |
marzo de 1998 | Jogos Paralímpicos de Inverno de 1998 (pt) |
marzo de 1994 | Jogos Paralímpicos de Inverno de 1994 (pt) |
Wakako Tsuchida (土田 和歌子 Tsuchida Wakako?), nada o 15 de outubro de 1974 en Toquio, é unha atleta xaponesa especialista en maratón en cadeira de rodas e corredora de zorra sobre xeo. Foi a primeira atleta profesional xaponesa en cadeira de rodas[1] e tamén a primeira xaponesa en gañar medallas de ouro tanto nos Xogos Paralímpicos de Verán e nos de Inverno.[2] Ten paraplexía.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Gañou a maratón de Boston na categoría feminina en cadeira de rodas en cinco ocasións, en 2007, 2008, 2009, 2010 e 2011; a maratón de Honolulu en dúas ocasións, en 2003 e 2005; e a maratón de Beppu-Ōita catro veces, en 1999, 2001, 2002 e 2003[2] e a maratón de Londres de 2010 cun tempo de 1:52:33.[3] Competiu na maratón de Boston de 2012 e quedou a un segundo detrás da gañadora Shirley Reilly.[4]
Nos Xogos Paralímpicos de Sydney 2000 gañou unha medalla de bronce na maratón, mentres que nos de Atenas de 2004 levou a medalla de ouro nos 5000 metros e a prata na maratón. A súa mellor marca persoal é de 1:38:32, que acadou na maratón de Beppu-Ōita en 2001.[2]
Tamén competiu en carreiras de zorra sobre xeo nos Xogos Paralímpicos de Lillehammer 1994 e nos de Nagano 1998. Gañou dúas medallas de ouro e dúas de prata en Nagano. Tamén acadou medallas en carreiras de zorra sobre xeo nos Campionatos Mundiais do Comité Paralímpico Internacional.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Boston Athletic Association, ed. (18 de abril de 2003). "Wheelchair Division Champions Return To Defend Titles". Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2006. Consultado o 16 de xullo de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Wakako Tsuchida". The Boston Globe. Consultado o 16 de xullo de 2020.
- ↑ "London Marathon 2010: heartache for David Weir as Josh Cassidy takes wheelchair title". www.telegraph.co.uk. Consultado o 2022-03-01.
- ↑ Shirley Reilly wins Boston Marathon’s women’s wheelchair. Boston Herald (16 de abril de 2012). Consultado o 16 de xullo de 2020.